FOZ .- A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe Teresa Táboas, adxudicou 39 vivendas de protección autonómica (VPA) en Foz a través do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda Protexida. As vivendas foron sorteadas ante notario entre as persoas inscritas no rexistro cuxas solicitudes se axustaban ás características destas vivendas protexidas. As listas de adxudicatarios provisionais e de espera poden consultarse no taboleiro de anuncios da Delegación Provincial e na páxina web da Consellería.
Fonte
A Consellería de Vivenda e Solo adxudica 58 vivendas na provincia de Lugo a través do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda Protexida
As listas de adxudicatarios provisionais e de espera poden consultarse no taboleiro de anuncios da Delegación Provincial e na páxina web da Consellería www.conselleriavivenda.xunta.es
Santiago de Compostela, 9 setembro 2008.- A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe Teresa Táboas, adxudicou 58 vivendas de protección autonómica (VPA) na provincia de Lugo a través do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda Protexida. Trátase de 39 vivendas en Foz, 14 vivendas en Lugo e 5 en Sarria, que foron sorteadas ante notario entre as persoas inscritas no Rexistro cuxas solicitudes se axustaban ás características destas vivendas protexidas.
Estas 58 vivendas de protección autonómica (VPA) son de réxime xeral, polo que están destinadas a persoas, familias ou unidades convivenciais cuns ingresos anuais ponderados de ata 5,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), é dicir, 32.943,9 €.
As 39 vivendas están situadas na Travesía Fonte da Cruz-Costa do Castro. Dous delas teñen un dormitorio e unha superficie de entre 40 e 48 metros cadrados, outras 28 vivendas teñen dous dormitorios e entre 51 e 73 metros cadrados, e as outras 9 vivendas teñen tres dormitorios e unha superficie de entre 83 e 90 metros cadrados. Todas contan con praza de garaxe e rocho. O prezo de venda oscila entre 62.398 € e 131.787 €.
Por outra banda, das 14 vivendas de Lugo, 10 están situadas na unidade de actuación número 18 parcela I-K (Teixo), e as outras 4 na rúa Atalaya esquina Rei Chiquito. Estas vivendas teñen 2 e 3 dormitorios, unha superficie de entre 60 e 89,50 metros cadrados e todas teñen praza de garaxe e rocho. O prezo de venda oscila entre 88.249 € e 127.312 euros.
En canto ás 5 vivendas de Sarria, están situadas na rúa Prolongación Escolar. Son vivendas de 3 dormitorios e unha superficie de 90 metros cadrados, todas contan con praza de garaxe e rocho. O prezo de venda oscila entre 90.000 € e 108.000 €.
Lista de adxudicatarios provisionais e lista de espera
Os sorteos celebráronse ante notario na Delegación Provincial da Consellería de Vivenda e Solo en Lugo, e co resultado confeccionáronse as correspondentes listas provisionais de adxudicatarios e listas de espera para cada unha das promocións de vivendas. Estas listas poden consultarse desde hoxe no taboleiro de anuncios da Delegación Provincial e na páxina web da Consellería (www.conselleriavivenda.xunta.es).
A Delegación Provincial remitirá aos adxudicatarios provisionais unha carta certificada comunicándolles o resultado do sorteo, e a partir de aí disporán dun prazo de 15 días para presentar a documentación que acredite que cumpren os requisitos de demandantes de vivenda de protección autonómica (VPA). Esa documentación consiste na acreditación da composición da unidade familiar, a autorización para que a Consellería solicite as acreditacións relativas a ingresos e débedas, unha certificación do rexistro da propiedade que acredite que o adxudicatario non dispón de ningunha outra vivenda en propiedade, e o carné de familia numerosa ou o certificado de mobilidade reducida, no caso de darse algunha destas circunstancias.
Recibirán axudas directas da Consellería de Vivenda e Solo aqueles adxudicatarios con ingresos anuais ponderados de ata 3,5 veces o IPREM, é dicir, 20.964 €. O importe das axudas varía en función da renda dos solicitantes e das circunstancias persoais, por exemplo, os mozos menores de 35 anos reciben unha axuda mínima de 13.100 euros e teñen acceso a préstamos con tipos de xuro preferentes e subsidiados, de tal xeito que un mozo con ingresos de ata 1.200 euros mensuais recibe 82 euros ao ano por cada 10.000 € de préstamo, e se os seus ingresos están entre os 1.200 e os 1.680 € ao mes recibe 48 € anuais por cada 10.000 € de préstamo. Así, un mozo que solicite un préstamo hipotecario de 80.000 € recibirá durante os 10 primeiros anos ata 656 € anuais a fondo perdido en concepto de subsidiación.
Transparencia na adxudicación
O Rexistro Único de Demandantes de Vivenda Protexida entrou en vigor en febreiro de 2007 e os seus obxectivos son tres: transparentar a adxudicación da vivenda protexida cofinanciada con fondos públicos, coñecer a demanda de vivenda protexida, e evitar calquera fraude na compravenda destas vivendas. Nese sentido, o Rexistro funciona como unha ferramenta de planificación útil tanto para os cidadáns, como para a Administración e os promotores privados. Por unha banda, para os cidadáns que buscan unha vivenda protexida, porque é a propia Administración a que se encarga de incluílos en sucesivos sorteos de vivendas protexida que coincidan coa súa demanda ata que apareza a vivenda que se acomode ás súas necesidades.
Tamén é unha ferramenta útil para a Administración, tanto para a Consellería de Vivenda e Solo como para os Concellos, porque dará unha información detallada de onde se demanda vivenda a prezo taxado e que tipo de vivenda. E, por último, tamén é unha ferramenta útil para os promotores porque coñecerán a demanda real en cada municipio, o que lle permitirá minimizar os riscos do seu investimento.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



