BURELA .- O PP de Burela queixase da linguaxe que usa o goberno municipal coa oposición, “talante que queda moi lonxe das palmadiñas no ombreiro”, aseguran, e réstanlle importancia para resaltar que “iso aínda non foi o peor, o peor foi que no turno de rogos e preguntas contradíxose con respecto ás comisións informativas, e tamén con certas novas aparecidas nos medios de comunicación”.
Nota de Prensa
NOTA DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR DE BURELA
O GMPP lamenta que o alcalde engane ós cidadáns.
Os populares pídenlle “máis respeto e menos crispación” á hora de dirixir os plenos.
O PP aseguran que o pasado xoves veuse o anténtico talante do alcalde .
O GMPP de Burela asegurou hoxe nunha nota de prensa que o pasado xoves veuse no pleno o auténtico talante do alcalde de Burela, que estivo crispado, tenso, despectivo hacia a oposición, tres comportamentos que tamén espuxo Nieves Cando, e mesmo usando expresións máis propias de linguaxe tabernario ca dun pleno municipal; talante que queda mui lonxe das palmadiñas no ombreiro e que nas distancias cortas se volve mesmo tenso e cortante. Os populares aseguran que eso ainda non foi o peor, o peor foi que no turno de rogos e preguntas contradíxoe con respecto ás comisións informativas, e tamén con certas novas aparecidas nos medios de comunicación.
Así, dixo que o camino do Perdouro non se puidera facer por que FEVE non deu autorización, cando días antes dixera públicamente que era por falla de cartos. No que se refire ó PXOM, cómpre decir que o día un de Agosto, e na prensa, o alcalde daba unha semana de plazo para adxudicar os traballos; un mes despois, está claro que mentía, porque non hai nada desto e levamos xa oito meses de retraso.En canto ás obras de Suafonte,que ían levar un mes, tivo que recoñecer que non acertaran no prazo. E no tocante ás obras en Marqués de Sargadelos e Ramón Farré, na comisión dixo que xa falara cos vecinos e no pleno dixo que xa se falaría.
Polo tanto, o que lle pedimos é un pouco máis de respeto hacia os cidadáns, xa non hacia o PP, que tamén, porque somos o partido que sacou máis votose ganou as eleccións. Pero os cidadáns merécense un trato esquisito, tanto persoalmente coma na información que o alcalde transmite. Se non quere baixar impostos para axudar ó comercio e ás familias e sectores máis necesitados, ala él, pero que trate con respecto as propostas da oposición. Agora, logo do aumento do paro en agosto, ó millor tén outro concepto da crise, porque algo dese aumento do paro seguro que nos afectou en Burela.
O PP asegura que seguirá reclamando rebaixas de impostos para o ano que vén, porque a crise é dura, e o será máis, e os concellos teñen a obriga de axudar ós seus vecinos a pasala o mellor posible.
O GMPP de Burela.
En Burela, a dous de Setembro de dous mil oito.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



