NOTA DE PRENSA
O grupo de goberno recomendalle ao nacionalista Estua que consulte o rexistro municipal antes de insinuar que o Concello non está a facer xestións para garantir as cantidades endebedadas pola promotora Astunosa
CERVO ESTUDA LEVAR AOS XULGADOS Á XUNTA E Á OPOSICIÓN POLOS DANOS OCASIONADOS COA SÚA PERSECUCIÓN POLÍTICA EN MATERIA DE URBANISMO
Cervo, 18 de outubro de 2008.- O Concello de Cervo está a facer “todo o que marca a lexislación” para reclamar o pago de 1,2 millóns de euros endebedados pola empresa Astunosa Servicios Inmobiliarios a esta administración local. Deste xeito queren aclarar as declaracións feitas polo voceiro nacionalista Xoán Antón Estúa, nas cales insinuaba que o Concello non estaba a adoptar ningún tipo de medidas neste senso.
Os responsables cervenses puntualizaron que o pasado 24 de setembro o Concello remitiu un escrito ao Xulgado do Mercantil número 7 de Madrid comunicando a existencia dos créditos que empresa Astunosa Servizos Inmobiliarios ten có consistorio “ao obxecto de que se poña en coñecemento da Administración concursal para que se inclúa ao Concello dentro da lista de acredores” da mencionada empresa.
A citada comunicación figura no rexistro de saída do Concello có número 3.587. “Rexistro ao cal ten acceso o señor Estúa. Por iso, non podemos máis que pensar que a súa única intención é sementar dúbidas entre os veciños do proceder do Concello” aseguraron.
Para os responsables locais, as criticas nacionalistas son un claro exemplo de “cinismo e hipocrisía política” e sostiveron que defenderán os intereses dos veciños “porque é a nosa obrigación e o noso compromiso”. Na súa opinión o BNG non pode botar a culpa ao Concello polas dificultades que pasa unha promotora de vivendas, porque o Goberno local “sempre actuou de forma responsable neste asunto”.
Aproveitaron tamén para recordáronlle a Estua que o seu partido adicouse a encher o concello “con panfletos intoxicantes” cando xa existían informes técnicos da Consellería de Política Territorial onde se acreditaba a legalidade das obras. “Foron os propios inspectores da Xunta os que dixeron que o solo onde están estas promocións é solo consolidado e que polo tanto nunca houbo razóns para discutir a legalidade destas 532 vivendas”. Neste senso lembraron que a Xunta non acudiu aos tribunais para requirir a anulación das licenzas á que se opuxo o Concello “e recoñeceron que a xustiza nunca lles daría a razón, a pesares de manter continuamente en dúbida a nosa xestión”.
En todo caso, suxeríronlle ao voceiro nacionalista que “se realmente busca algún tipo de irregularidade urbanística en Cervo sería mellor que lle preguntara aos membros do partido político que comparte con el oposición na corporación, e que, por certo, tamén é socio do seu partido na Xunta, porque eles deben de saber algo do tema”.
XUNTA E OPOSICIÓN AOS XULGADOS
O equipo de goberno adiantou tamén que dende o Concello estase a valorar a posibilidade de emprender accións xudiciais contra a Xunta de Galicia e contra os responsables dos partidos da oposición en Cervo. Na súa opinión a situación provocada pola consellería de Política Territorial “coa conivencia dos partidos da oposición cervense” asemellase a un posible caso de prevaricación. “Creemos que a Consellería de Política Territorial ten moita responsabilidade no proceso concursal desta empresa porque requiriron paralizar as obras cando en realidade eran coñecedores de que todo estaba correcto. Así o recoñecían os propios técnicos da Xunta nun informe previo ao devandito requirimento de paralización”.
Na opinión do grupo de Goberno local esta “persecución política” provocou prexuízos económicos e de inestabilidade tanto para o promotor coma para compradores; “o que motivou o atraso do pago desta débeda ao Concello”. Para os responsables cervenses, a actuación da Xunta, BNG, e PSOE “só provocou dúbidas e inseguridade xurídica” no peor dos momentos para o sector da construción. Segundo afirmaron, o proceder da Xunta só se baseou en criterios políticos, tentando darlle a Cervo o papel de “cabeza de turco” para ocultar así “os desvaríos urbanísticos de socialistas e nacionalistas en Foz e en Viveiro” aseguraron.
















Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



