RIBADEO .- Derrubouse a parte traseira dunha casa ubicada na rúa Antonio Otero, no casco vello de Ribadeo, na que vivia unha persoa en situación precaria. A vivenda, segundo explica o alcalde, Fernando Suárez,”estaba nun estado lamentable do que advertimos hai algún tempo. Desplomóuse a parte traseira do inmoble e parte dos escombros chegaron á rúa da Muralla. Na casa vivía unha señora nunhas circunstancias bastante precarias das que xa tiñamos advertido ao xulgado de Mondoñedo hai meses e agora en vista desta situación eu ordenei o precintado do inmoble e a esta muller estámoslle buscando transitoriamente un lugar onde poida durmir en tanto os seus familiares non se fan cargo dela”. O rexedor engade que “ao mesmo tempo os técnicos municipais están contactando con Patrimonio e con Vivenda da Xunta acerca de cales son as medidas que hai que tomar agora de xeito inmediato, si é necesario tamén con execución subsidiaria no caso de que os propietarios non actúen rapidamente para evitar que se siga desprendendo e que poda afectar á seguridade pública”.
Proxectos de rehabilitación
Fernando Suárez volta a”poñer o dedo na chaga da situación do casco vello de Ribadeo, de moitos dos inmobles que se encontran nunha situación realmente mala e que despois de estar tomando medidas nos últimos meses desde o goberno municipal vemos os primeiros froitos. Hai moitos propietarios que prácticamente non viven aquí, pero que xa están empezando a traer proxectos de rehabilitación, o que nos indica que vai ser a liña que vamos ter que seguir desde o Concello e en todo caso endurecéndoas ainda máis”. O alcalde de Ribadeo asegura que”non pode ser que nos estea pasando cada dous por tres desprendementos de fachadas, vivendas que se caen… esto non pode ser. Levamos desde hai un tempo actuando, fixemos xa dúas execucións subsidiarias porque os seus propietarios fixeron caso omiso ás nosas advertencias e esto contrasta tamén coas críticas que por parte da Corporación Municipal lle fan ao equipo de goberno por teimar en que os propietarios poidan rehabilitar esas vivendas”.
Man dura
Fernando Suárez recalca que”esa política vámola seguir e máis imos redoblar esforzos ata conseguir que o casco vello sexa un lugar seguro para transitar, agradable para vivir e que sexa unha fonte de riqueza desde o punto de vista turístico e que todas estas inversión públicas que se están a realizar servan para algo. Eu confío en que así será dentro de pouco, pero entretanto tomaremos as medidas coercitivas e subsidiarias que estimemos pertinentes de cara a garantir a seguridade pública dos que viven alí e dos que transitan polo casco vello”.




















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



