RIBADEO .- O concello acepta as explicacións de Media Ambiente para modificar o proxecto inicial do parque de indianos.
O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, asegura que “o equipo de goberno do Concello de Ribadeo aceptamos as explicacións dadas pola Consellería de Medio Ambiente a través do informe emitido por esta sobre o xardín de Indianos”. O edil nacionalista di que “como responsable de Parques e Xardíns, debo dicir que estiven presente cando se fixo o replanteo, e se encontraron con que as medidas indicadas no proxecto eran o dobre da realidade, ou sexa imaxínense facer unha casa de 400 metros cadrados nunha finca de 200. Sería imposible ¿verdade?”.
Horacio Cupeiro entende que “a Consellería tiña a obriga de modificar o proxecto e presuntamente a propia Consellería púxose en contacto co Sr.Valdeón e incluso ofrecéronlle a execución da obra, e ao parecer o Sr.Valdeón desestimouno por non poder executala con ese presuposto. Mediante o novo proxecto houbo que reducir o número de árbores, eliminouse unha pérgola, modificouse a fonte, pero non na súa orientación, cambiáronse dúas araucarias por dous magnolios; as zonas duras son as mesmas e o cascallo de pino, tamén ven no proxecto”.
O concelleiro de Medio Ambiente lembra que 2o adxudicador, segundo o prego no documento 3 di que a obra poderá ser modificada, diminuída, aumentada ou suspendida total ou parcialmente. Logo a Consellería tivo que facelo por razón de espazo, e estou seguro que coa mellor disposición posible en beneficio de Ribadeo, e pensando tamén nos filántropos da emigración que de forma altruísta no seu día se acordaron da súa terra natal”.
Informe de Medio Ambiente
Cupeiro dá lectura ao informe que a Consellería de Medio Ambiente lle remitiu ao alcalde de Ribadeo e que di así:
“-que ese proxecto foi iniciado diante desta Consellería polo anterior alcalde, D.Balbino Pérez Vacas; -que unha vez que a Consellería decidiu financialo, encargou á empresa TRAGSA a execución das obras. Para elo procedeu á formalización do preceptivo replanteo, acontecendo:
-que as medicións que reflectía o proxecto non se axustaban ás dimensións reais do xardín; -que o proxecto inicial contemplaba a eliminación da maioría da masa arbórea existente. Por esta circunstancia o Servizo Técnico desta Delegación Provincial, postulou respectar as árbores que estiveran en boas condicións, e proceder a eliminar soamente aquelas secas, enfermas ou as que presentaban un crecemento inviable por causas da súa localización; -que para extraer as cepeiras e raíces das árbores retiradas, procedeuse a escavar en profundidade. Situación que propiciou a aparición dunha tubaxe de fibrocemento duns 80 anos de antigüidade que abastecía de auga a unha oa parte da vila de Ribadeo. Nese momento, realizouse outro reformado e procedeuse á súa substitución por unha de polietileno; -que na primeira parte do xardín, debido a que os caixóns de madeira limitan en grande medida o crecemento normal das araucarias (dúas) que se propoñían plantar neles, decidiuse substituílas por dous magnolios; -que noutra zona, por motivos estéticos, eliminouse unha pérgola e substituíronse dúas proxectadas de tubo galvanizado, por outras de madeira laminada; que no contorno da fonte, que no proxecto estaba sen definir, e co gallo de respectar tres árbores existentes de grande porte, modificáronse as dimensións desta (redeseñouse de menor tamaño), e procedeuse a eliminar o recheo proxectado na súa parte traseira. Incluíronse no deseño uns carreiros de area; -que no proxecto inicial, non ía contemplado ningún sistema de iluminación no xardín, situación que mudou coa colocación de nova farolas que sen dúbida aledarán o lugar en horario nocturno”.
O informe de Medio Ambiente tamén di que “para efectuar o correspondente replanteo, o responsable da empresa adxudicataria, o director de obra designado por esta Delegación Provincial, o Xefe de Servizo de Conservación da Natureza e mailo proxectista acordaron reunirse en Ribadeo para efectuar os cambios oportunos. Debido á non comparecencia deste, esta Delegación Provincial, para evitar máis demoras na execución das obras, resolveu que realizaran o devandito reformado conxuntamente os servizos técnicos de TRAGSA e os de Conservación da Natureza desta Delegación. Tamén poño no teu coñecemento, que a propia TRAGSA, cando sacou a concurso a realización da obra, púxose en contacto coa empresa do proxectista para que participara na oferta. O mesmo declinou facelo aducindo a escasa marxe comercial resultante da execución de tal proxecto. Coméntoche para rematar, que as modificacións en ningún momento pretenderon desvirtuar o proxecto, senón adaptalo ás condicións naturais do lugar, respectando o máis posible a conservación dos seus valores naturais”.


























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



