XOVE .- A exposición fotográfica “Xove. 360º”, agora itinerante, pode contemplarse no centro social de Vilachá ata o 7 de decembro. “Xove. 360º” é unha mostra de 42 imaxes tomadas no concello de Xove polos fotógrafos Felipe Abad, Mario Cordovilla, José Manuel Blanco, Míriam Bermúdez, Santos Cordovilla, Alberto Rapa e Juan Antonio Fernández.
Nota de Prensa
Esta Exposición fotográfica, que durante unha boa parte do mes de agosto e comezos de setembro estivo exposta na Sala de Exposicións do Cívico, pode ser contemplada, a partires de hoxe, 25 de novembro, no Centro Social de Vilachá, na Parroquia de Portocelo ata o 7 de decembro. O horario de apertura vai selo o do propio Centro Social.
Ata este momento, a Exposición, ademáis do Centro Cívico de Xove, xa pasou polos Centros Sociais de Palmeiro, Lago, O Cruceiro, A Vara e Sumoas. Depois de Vilachá, a Exposición vai ir do 9 ao 21 de decembro ao Centro Social de San Isidoro de Monte, rematando ahí o seu periplo por tódalas parroquias do Concello de Xove.
A organización desta Exposición arrancou hai varios meses cando dende o Concello se realizou unha convocatoria dirixida a amantes da fotografía, en especial a fotógrafos amateurs, co fin de organizar unha exposición de fotografía sobre o noso Concello. A esta convocatoria acudiron 7 fotógrafos (Felipe Abad, Mario Cordovilla, José Manuel Blanco, Míriam Bermúdez, Santos Cordovilla, Alberto Rapa e Juan Antonio Fernández), que son os autores das 42 fotografías que conforman a Exposición.
As fotografías están en formato 40X50, realizadas en papel fotográfico máis “foam” (unha especie de cartón pluma). O deseño do cartel da Exposición, así como o deseño da presentación das fotografías, foi realizado por Felipe Abad, un dos fotógrafos participantes na mesma.






















Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



