Nota de Prensa
OS DEPUTADOS PROVINCIAIS DO PP POLA MARIÑA CONSIDERAN QUE O COMPROMISO DE BESTEIRO COA PESCA E CERO
• Os populares lamentan que estivera en Celeiro sen medidas concretas de apoio á pesca
• Lembran que se opuxo a pedir controis sobre presos e importacións
A Mariña, a 23 de novembro de 2008.- Os deputados provinciais pola Mariña do Partido Popular manifestaron hoxe que é realmente lamentable que o presidente da Deputación veña a Celeiro a ofrecer apoio da Deputación, cando resulta que non o fixo en dúas ocasións en que tivo oportunidade de facelo en senllos plenos da Deputación.
Os populares presentaron no verán de 2007 unha moción para pedir medidas para non tirar os presos en orixe de bonito e pescada; meses despois, presentaron unha moción na que se pedía a posta en marcha dunha campaña publicitaria de difusión do peixe vendido nas lonxas da Mariña que tamén podía servir de vehículo de difusión turística.
Os deputados populares pola Mariña José Manuel Yanes Ginzo, José María González Barcia e Guillermo Leal Arias consideran que Besteiro non pode vir a un foro de debate á Mariña coa situación que está a vivir o sector, non traer propostas e limitarse a ofrecerse non se sabe moi ben para que.
Os deputados populares consideran que a súa presencia en Celeiro tiña que substanciarse nun plan de axuda ás confrarías, organización de productores e entidades xestoras das lonxas para a mellra da súa infraestructura e funcionamento; na posta en marcha, como lle solicitou o PP no seu día, e ó que el se negou, a emprender unha campaña de difusión do peixe que se vende nas nosas lonxas en toda España, que serviría tamén como reclamo turístico; no compromiso de establecer liñas de financiamento ós armadores para a mellora da capacidade competitiva e modernización dos barcos.
Ademais, os deputados provinciais do PP lembran que os presupostos da Deputación e do INLUDES para este ano, feitos xa polo bigoberno da Deputación, non inclúen nada que non se aportara antes.
En cambio, segundo os populares, limitouse a lembrar a súa visita Sudamérica, cando resulta que a nivel de pesca os armadores mariñanos xa descubriron esa parte do planeta hai anos, e saben perfectamente como facer as cousas.
Os deputados provinciais do PP pola Mariña pídenlle a Besteiro algo máis de seriedade e de rigor, que non veña “chufarse” á costa e que non a use para autobombo e autocomplacencia, porque en ano e medio que leva como presidente da Deputacion non fixo nada por esta comarca.
























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



