BARREIROS .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, asegura que “estes señores do BNG que agora se adican a insultar ao rexedor por non executar os avais, pois bueno, os veciños de Barreiros xa lles dixeron un día o que lles tiñan que dicir a estes señores que castigaron a economía de Barreiros frenando todo, ainda que ó primeiro non querían que se soubera que eran eles”. Fuente Parga engade que “o alcalde de Barreiros ó non executar esas avais non só está permitindo que unhas 25 empresas que foron as que firmaron o convenio da auga poidan continuar coa súa actividade, senón que os traballadores desas firmas e as súas familias poderán respirar tranquilos”.
O rexedor barreirense considera que “coa que está caendo en Galicia perdéndose 400 postos de traballo ó día, o que non se pode é poñer en perigo máis postos de traballo con decisión políticas deste calibre. O que pasa é que hai señores ós que lles da igual, toman as decisión e non pensan a quen perxudican e outros sí que pensamos nesas persoas e nesas familias”.
Alfonso Fuente sinala que “con ese 1.100.000 euros recaudados polo convenio da auga executaremos a parte que poidamos executar do abastecemento de auga a Barreiros e cando melloren as cousas xa executaremos eses avais e o resto da obra. O que non se poder ser é un camicace político para poñer en perigo postos de traballo e familias, pero a este bigoberno eso lle importa un bledo, o seu salario caélles igual na Deputación o una Xunta… O BNG xa perdeu un concelleiro en Barreiros e se segue así xa verá onde vai parar”.
Fuente supedita o abastecemento de auga de Barreiros a mellora da situación económica
Fuente supedita o abastecemento de auga de Barreiros a mellora da situación económica
Relacionado
-
O vindeiro xoves, 12 de decembro, terán lugar os actos de clausura do Centenario da Confraría de Pescadores San Juan Bautista de Burela
-
Gueimunde afea a Loureiro que “non favoreza aos mozos e mozas o uso de instalacións municipais, pero si queira que o resto o faga aínda que sexa a custe dos horarios dos propios monitores”
-
Cervo prepárase para un Nadal pensado para todos os públicos