NOTA DE PRENSA:
O PP de Burela lamenta o comportamento irracional do alcalde no pleno do martes.
Os populares consideran que se veu a unha persoa intolerante e desquiciada.
Afirman que Burela non se merece unha persoa así como alcalde.
O PP de Burela quere manifestar públicamente que lamenta o comportamento irracional do alcalde do pleno de onte, martes, cando non lle concedeu o turno de palabra ó portavoz popular, José María González Barcia, solicitado por este por alusións persoais.
No último punto da orde do día, Barcia anunciou durante a súa primeira intervención a súa intención de non intervir máis, por entender que non procedía máis debate; pero o alcalde, no seu turno, aproveitou para culpar directamente a Barcia e ó PP da nota emitida pola Asociación de Veciños o Vencello sobre “o tenderete” do alcalde; Barcia solicitou a palabra por alusións persoais sobre un asunto non incluido na orde do día, ó que o alcalde, co apoio susurrante de Nieves Cando (“non lla deas, non lla deas…”), se negou, adoptando unha postura máis propia dun desquiciado ca dun alcalde no exercicio das súas funcións. O portavoz popular reiterou a súa intención de falar, e díxolle ó alcalde que o tería que expulsar da sala antes de non deixarlle falar. O alcalde, nun arrebato de cólera, dixo que non, realizou unha votación totalmente fóra de control e abandonou, a fume de carozo e seguido polo seu grupo e polos concelleiros do Bloque, o salón de plenos, ante a sorpresa xeneralizada do público asistente, incluidos recoñecidos socialistas. Ante tal atentado á libertade de expresión, os concelleiros do PP optaron por quedarse cinco minutos máis no salón de plenos como mostra de protesta pola actitude desquiciada do alcalde.
Os populares consideran que no pleno do martes veuse realmente o talante e a forma de ser do alcalde: unha persoa incapaz de soster un debate, unha persoa intolerante, unha persoa que descoñece o sentido máis profundo da palabra diálogo, e unha persoa autoritaria e despótica; pero tamén se veu a unha persoa intelectualmente débil, sen argumentos, incapaz de dirixir un pleno como debe facelo un alcalde, que non permite nin tan siquera que os seus compañeiros de partido abran a boca durante o pleno, unha persoa presa dos nervios, e que demostrou, por se había alguna dúbida, que o cargo quédalle grande, mui grande. Tanto é así, que o pleno tivo que retrasar o seu comenzo, porque o alcalde, xa no salón de plenos, se pasou dez minutos tentando organizar o desenvolvemento da sesión coa secretaria.
O PP de Burela está firmemente convencido de que Burela non se merece un alcalde coma este. Se xa era recoñecida a súa pouca afición ó traballo, agora tamén se demostra que este home tén dúas caras, a do “quedabén”, por un lado, pero por outra aquela de “ou estás comigo ou contra min”; as persoas que contan con este doble perfil non son nunca de fiar, e son as menos indicadas para rexir democráticamente un concello coma o de Burela.
Comentario aparte merece a “actuación” de Nieves Cando, porque outra que tal baila. Coa forma de actuar que tivo onte martes, demostrou a súa verdadeira personalidade: nin lle gustan, nin acepta as críticas; pretende amordazar á oposición; incita ó alcalde polo baixo a non darlle a palabra ó portavoz do PP, o que demostra unha cobardía sin límites, máxime tendo en conta que a ela nunca se lle privou da palabra cando exercía coma portavoz do seu grupo na etapa anterior. Pero a ela tamén se lle nota ese tirón prepotente e totalitario, propio de mentes endogámicas, que sólo pensan neles mesmos.
Pero o peor de todo, para os populares, é que esto pode pasarlle a calquera veciño; e xa está pasando; de feito xa hai veciños que están vendo como se pisotean os seus dereitos, como se lles ningunea; xa hai vecios que se dan conta como se vé o concello coma “un tenderete” que estes politiquiños do tres ó catro pretenden controlar para o seu beneficio. E eso sí que é grave, porque se grave é negarlle a palabra ó portavoz do PP, que é a lista máis votada con diferencia no noso concello, máis grave é pisotear os dereitos fundamentais dos cidadáns.
O PP estará atento a todas estas situacións, e denunciará públicamente a actuación destas dúas persoas, o alcalde e Nieves Cando, que só por respecto as cualificamos como persoas, pero que onte martes deixaron polos suelos a súa condición de tales.
En Burela, a doce de Novembro de dous mil oito.
O Comité Local do Partido Popular de Burela.
















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



