Por Emilio González Legaspi
Non hai moitos meses, xusto antes de rebentar a burbulla inmobiliaria, estaba na rúa o debate sobre o prezo das vivendas e a dificultade de acceder a eles por parte dunha maioría da poboación, especialmente de mozos, que teñen que desenvolver a súa vida con soldos precarios que apenas lles chegan para sobrevivir de maneira autónoma. Daquela, familias, organizacións, medios de comunicacións, articulistas e faladoiros pedíanlle ao goberno solucións para ter acceso a vivendas accesibles e que a xuventude poida emanciparse.
O goberno do Estado, a través das Comunidades Autónomas, que teñen transferidas as competencias en vivenda fan un plan que cada quen considera axeitado ás súas necesidades e realidade social. Pero ocorre que, no caso galego, cando este plan se pon en marcha choca coa realidade socioeconómica do país e resulta que NINGUÉN QUERE O PLAN no seu territorio municipal. Mellor dito, as corporacións solicítano, pero os veciños non o queren e na maioría dos casos hai protestas, mobilizacións e rexeitamentos; dándose casos onde o goberno galego xa decidiu non executar o plan de vivendas sociais.
É curioso que os mesmos que antes demandaban vivendas accesibles agora mobilízanse contra os Plan Sectorial da Consellería de Vivenda, dándose a paranoica situación de sentirse vítima e verdugo ou vítima e vítima -segundo se mire- dos seus propios intereses. Son as contradicións da economía de mercado descontrolado inspirada polos liberais neocom.
Para complicar máis a situacións os partidos da oposición aproveitan a circunstancia para sublevar os veciños e desgastar o goberno de quenda. Algúns, sobre todo a dereita neocom, propoñen que se merquen os vivendas que teñen sen vender os construtores, procedente da promoción privada ao abeiro da especulación urbanística. Podería ser unha solución, pero ¿a que prezo?, ¿están os construtores dispostos a vender os pisos excedentes a prezo de custe ou pretenden seguir gañando moreas a conta de todos?
Non se pode facer política dende perspectiva persoais nin defendendo intereses particulares que interesan en cada momento, porque isto sempre terá desconto a alguén. Pola contra se a perspectiva da actuación pública son os intereses xerais, goberno e oposición deberan preguntarse ¿que supón rexeitar o Plan Sectorial de Vivenda Protexida?. ¿Como pode influír este rexeitamento na creación de postos de traballo, nun momento de aumento do paro?¿Como pode incidir no desenvolvemento urbano e social dun concello perder a construción de vivendas? ¿en que medida esta situación pode afectar ao aumento ou diminución da poboación dun concello?.
Hai anos facíanse hospitais, centros educativos, cuarteis, casas do mar, etc en terreos doados de balde por humildes propietarios, que cos anos viron elevado o seu nivel de vida gracias á mellora dos servizos públicos e das infraestruturas, repercutindo positivamente na súa capacidade económica e no prezo das súas propiedades. Existía unha visión colectiva de futuro. Na nova sociedade mercantilista isto é impensable. Así que as administración deberan estar á demanda: quen queira o Plan que o xestione responsablemente, quen non o queira que o rexeite. O tempo dará e sacará as miopes razóns agora esgrimidas. Logo falarase das consecuencias, do que puido ser e non foi e de que “auga pasada non move o muíño”
Chegado a este punto, considero que os concellos deberan aclarar QUEN NON QUERE AS VIVENDAS.




















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



