Nota de Prensa
A COMARCA DA MARIÑA, A MAIS PERXUDICADA POLA NOVA MEDIDA DE COTAS PESQUEIRAS PROPOSTA POLA UNION EUROPEA.
Parlamentares do BNG reuníronse con representantes do sector en Burela e Celeiro para explicar a súa postura sobre o tema.
Os parlamentares do BNG, Bieito Lobeira e Manuel Parga reuníronse en Burela e Celeiro con representantes do sector para trasladarlles a preocupación dos nacionalistas pola modificación á baixa das cotas de pescada e peixe sapo previstas pola Unión Europea en augas comunitarias.
O BNG entende que tal modificación á baixa do esforzo pesqueiro, non se xustifica, ao tratarse dunha medida que lonxe de atender a criterios de eficacia e responsabilidade, trátase mais ben dunha decisión política que vai ter graves consecuencias na comarca da Mariña si se ten en conta que as flotas de Burela e Celeiro teñen mais da metade da cota total de pescada dentro da Unión Europea e que esta situación débese a que as flotas mariñás fixeron nos últimos anos grandes investimentos económicos para colocarse nesta posición, polo que a medida tomada pola U.E. pode supoñer un grave prexuízo que viría a agravar a situación de crise que sufre o sector.
Os parlamentares nacionalistas, Manuel Parga e Bieito Lobeira, trasladaron aos representantes do sector en Burela e Celeiro a posición firme do BNG na defensa das cotas de capturas actuais, algo que xa fixeron saber ao comisario de pesca da U.E., Joe Borg, nunha recente reunión celebrada en Bruxelas. Así mesmo os nacionalistas lembraron o traballo realizado polas áreas de goberno galego con responsabilidades na materia, mediante actuacións dirixidas a rebaixar os custes de explotación ou a mellora na comercialización do producto, impulsadas pola consellería nacionalista de Innovación e Industria.
O BNG PUXO DE MANIFESTO NO ACTO DE VIVEIRO QUE NON PODE SER A CLASE TRABALLADORA QUEN PAGUE A FACTURA DA ACTUAL CRISE DO SISTEMA ECONOMICO.
Na mesma liña o BNG tamén denunciou no acto sobre a crise económica celebrado en Viveiro, o Plano Rescate para a banca impulsado polo goberno do Estado e apoiado polo PP E PSOE cos votos en contra dos nacionalistas galegos; vistas as dúas subastas celebradas ate o momento ponse en evidencia que a medida non esta destinada a xerar liquidez nas empresas e as economías familiares, senón mais ben a resolver os problemas da banca. A opinión dos nacionalistas viuse referendada pola evidencia de que esta medida, ao contrario do que se defendeu dende instancias gobernativas, non supuxo nin esta a supoñer un aumento de liquidez na sociedade, que resulta ser a mesma antes e despois das dúas subastas celebradas; e inxusto ollar como mentres as corporacións bancarias acoden por segunda ocasión ao plano posto en marcha polo goberno zapatero, no mesmo día fan publicas as súas contas de beneficios que superan os 14.000 millóns de euros sen que isto repercuta en modo algún en beneficio das clases traballadoras.
O BNG entende que non pode ser a clase traballadora quen pague a factura da actual crise do sistema económico. Os nacionalistas manifestaron a firme convicción de que a solución pasa por tomar medidas tendentes a manter o poder adquisitivo dos traballadores e a loita polo emprego de calidade e a mellora salarial como eixo onde asentar a reactivación económica.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



