RIOTORTO .- O pleno de Riotorto acordou por unanimidade de tódalas formacións políticas “pedirlle á Deputación que nos informe sobre o estado no que se atopa o proxecto para mellorar a estrada que une o Marco de Álvarez coa capital do noso concello, As Rodrigas, así coma a previsión orzamentaria que hai neste momento e os prazos de execución que se manexan”, segundo explica o alcalde, Federico Gutiérrez. Riotorto tamén insta á institución provincial para que axilice os trámites necesarios de cara a realizar as obras na maior brevidade posible.
Segundo explica o rexidor nacionalista “o PP presentou unha moción reclamando a execución de ditas obras que non podíamos aceptar nos termos que propoñía xa que querían que se fixesen tal e como foron adxudicadas e proxectadas polo anterior goberno da Deputación. Para nós non era asumible tal cal o contido da moción porque esas obras foron adxudicadas por Francisco Cacharro un mes antes da celebración das eleccións municipais con cargo a un crédito bancario e sen que existise consignación orzamentaria. De aí que propuxésemos un cambio na petición a cursar á institución provincial porque entendiamos positivo, iso si, que se reclame por unanimidade de tódolos grupos políticos esa execución xa que se trata dunha estrada estratéxica e vital para o desenvolvemento económico e o benestar de Riotorto xa que nos comunica coa cabeceira de comarca que é Meira e coa capital da provincia”.
Federico Gutiérrez Estoa engade que “os populares tamén reclamaban a execución da estrada que vai de Augaxosa a Vilar de Santiago, pero decidimos deixar esta petición para outro momento porque non se trata dunha obra prioritaria para o noso concello”.
Na mesma sesión plenaria, segundo conta o rexedor de Riotorto “o Partido Popular pedía a execución das obras do centro de interpretación de ferreiros no Mazo da Fraga anunciadas fai uns meses na prensa pola Consellería de Medioambiente. Aprobouse este punto aínda que eu xa fixen, como Alcalde, a solicitude correspondente hai un par de meses para saber as previsións orzamentarias e os prazos de execución das obras por parte da Consellería”.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



