RIBADEO.- A Asociación Veciños “O Tesón” de Ribadeo pide que o Plan Sectorial Galego de Solo Residencial para Ribadeo respecte a propiedade e non impoña expropiación e que se leve a cabo a través do consenso social, no que deben participar os veciños.
NOTA DE PRENSA
Plan Sectorial Galego de Solo Residencial en Ribadeo
A Directiva da AVV O Tesón, en relación coa aplicación en Ribadeo do Plan Sectorial Galego de Solo Residencial e as modificacións a contemplar no futuro, considera que, entre outros puntos, o Plan debe recoller:
a) o respecto á propiedade. Non se pode pensar en facer a imposición dunha expropiación xa de principio, comentando que se non se vende, exprópiase. E resulta curioso que se pretenda pola administración unha transferencia de solo moi particular: dende os actuais propietarios, solo privado, que xa se adiantou que pode ser expropiado para que pase a ser público, e logo, a unha empresa privada para o seu desenvolvemento a instancias públicas.
b) a necesidade de consenso social. O plan non foi consensuado. Non se contou para nada co pobo, e pola análise da documentación, diríase que tampouco co entorno e o espazo dispoñible. Un plan para Ribadeo non se pode facer dende unha oficina non se sabe ben onde.
c) a revisión da estrutura final para asegurar servizos (como por exemplo unha entrada adecuada) ás zonas previstas. Polo momento, non se di en ningún sitio como se pretende solucionar o tema.
d) a necesidade dunha tipoloxía de vivenda acorde co entorno. O plan non fala moito diso. Non fala nada. Que vivendas se pretenden como tipo? Que adaptación van ter ó entorno onde se prentede instalalas? Temos visto en moitas ocasións que tal adaptación sinxelamente non existe.
e) a salvedade previa a calquera xestión, de que hai que paliar un descoñecemento do tema na poboación. Desinformación? Non, nin iso, sinxelamente, unha volta máis por parte da administración, a falta total de información. Baste como exemplo da mesma que o documento base do plan nestes momentos, en internet, deixa acceder a 50 páxinas de presentación para a área funcional de Ribadeo e só un a plano/foto aérea na que é cando menos difícil poder ver os límites que se pretenden do chan afectado. Pola vila circulan rumores de todo tipo sobre o que afecta e o que non, as modificacións que xa tivo dende a súa ‘presentación’, os permisos que agora se concederían e os que non se concederon no pasado (mesmo con sentencias xudiciais enfrontadas á concesión de licenzas)
f) que queremos o noso tipo de vila, non o que nos impoñan. De novo vense no plan unha tipoloxía de defectos que se apreciou xa na exposición pública do PXOM, como a falta de definición de futuro, a inflacción de literatura de situación e superflua a efectos práticos ou a falta de seriedade nos propios plantexamentos.
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



