A MARIÑA .- A Área de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo vén de resolver as solicitudes de axudas para as entidades e asociacións que desenvolven algún tipo de actividade cultural. Estas axudas, que serán abonadas en breve, achegarán a 110 entidades dos concellos da Mariña un total de 162.000 €. O responsábel da Área de Cultura e Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, salientou que “a diferenza do que sucedía en tempos do goberno do Partido Popular estabelecemos, nas bases, que só poderían concorrer a estas axudas asociacións e entidades legalmente constituídas”. Con esta medida a Área de Cultura evitou que, como sucedía con anterioridade, tres ou catro veciños puidesen recibir subvencións para actividades que en moitos casos pouco tiñan que ver coa cultura. Veiga destacou tamén que na concesión destas axudas houbo unanimidade por parte de todos os grupos políticos á hora da súa aprobación na comisión de valoración, na que están representados todos os partidos.
NOTA DE PRENSA
MÁIS DUN CENTO DE ENTIDADES CULTURAIS DA MARIÑA RECIBIRÁN AXUDAS DA ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
A cantidade total das axudas ascende a 162.000 € euros e chegarán a
110 asociacións de todos os concellos da Mariña
Estas axudas pretenden apoiar e revitalizar o traballo cultural do conxunto do tecido asociativo, logrando así un desenvolvemento da actividade cultural desde a propia base
LUGO, 14 de xaneiro 2009. A Área de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo vén de resolver as solicitudes de axudas para as entidades e asociacións que desenvolven algún tipo de actividade cultural. Estas axudas, que serán abonadas en breve, achegarán a 110 entidades dos concellos da Mariña un total de 162.000 €. O responsábel da Área de Cultura e Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, salientou que “a diferenza do que sucedía en tempos do goberno do Partido Popular estabelecemos, nas bases, que só poderían concorrer a estas axudas asociacións e entidades legalmente constituídas”. Con esta medida a Área de Cultura evitou que, como sucedía con anterioridade, tres ou catro veciños puidesen recibir subvencións para actividades que en moitos casos pouco tiñan que ver coa cultura. Veiga destacou tamén que na concesión destas axudas houbo unanimidade por parte de todos os grupos políticos á hora da súa aprobación na comisión de valoración, na que están representados todos os partidos.
O responsábel da Área de Cultura sinalou que, grazas ás cinco xuntanzas que se mantiveron co tecido asociativo nas distintas comarcas e á transparencia e publicidade con que se obrou á hora da convocatoria das axudas, este ano foron a 441 entidades as que recibiron a concesión de axuda no conxunto da provincia, chegando case a duplicarse o número de beneficiarias do ano 2007, que no anterior goberno concedeu 245 axudas para actividades culturais a través do plan de cooperación con entidades veciñais.
TODAS AS SOLICITUDES FORON VALORADAS
Veiga informou que todas as solicitudes foron atendidas e valoradas excepto casos puntuais que non se axustaban aos baremos estabelecidos. Deste xeito, a totalidade das entidades e asociacións poderán beneficiarse de axudas para a realización de actividade cultural en todas as comarcas de Lugo. Segundo Veiga a aplicación dun baremo obxectivo permitiu a transparencia na concesión xa que “nós non podíamos subscribir o que facía o anterior goberno que sempre deixaba fóra da concesión un trinta ou un corenta por cento das solicitudes alegando esgotamento de crédito”. Para poder afrontar un maior número de solicitudes, no vindeiro ano a Área de Cultura incrementará a partida orzamentaria destinada a estas axudas arredor dun 25%.
CRITERIOS CLAROS Á HORA DA CONCESIÓN
Entre os criterios utilizados para a concesión destas axudas Veiga apuntou que se tivo en conta o interese e calidade da actividade, o uso e difusión do galego, a difusión dos valores culturais das comarcas lucenses, o impacto, repercusión e influencia no desenvolvemento cultural da poboación, a innovación e creatividade, a potenciación da participación da mocidade, a utilización dos recursos culturais e artísticos da provincia, a realización de actividades comarcalizadas, o arraigo social e as características culturais do contorno.
IMPORTE E NÚMERO ASOCIACIÓNS BENEFICIADAS POR CONCELLOS
| CONCELLO | Nº DE ENTIDADES | TOTAL EUROS |
| ALFOZ | 3 | 4.131,42 |
| BARREIROS | 11 | 12.089,51 |
| BURELA | 8 | 15.321,74 |
| CERVO | 12 | 28.659,95 |
| FOZ | 16 | 16.631,63 |
| LOURENZÁ | 5 | 5.933,76 |
| MONDOÑEDO | 9 | 16.861,62 |
| OUROL | 3 | 5.527,59 |
| PONTENOVA, A | 5 | 7.358,12 |
| RIBADEO | 5 | 7.378,29 |
| RIOTORTO | 7 | 7.013,77 |
| TRABADA | 4 | 5.257,57 |
| VIVEIRO | 20 | 25.338,93 |
| XOVE | 2 | 4.886,78 |
| TOTAL | 110 | 162.390,68 |























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



