NOTA DE PRENSA
O DOGA de hoxe publica a licitación do treito entre Celeiro e San Ciprián pero quedarían pendentes a adxudicación e a execución da obra, trámites que poderían prolongarse varios meses o incluso varios anos
A LENTITUDE ADMINISTRATIVA DA XUNTA CONFIRMA QUE O CORREDOR DA COSTA NON ESTARÁ LISTO NO 2011 TAL E COMO PROMETERON TOURIÑO E CARIDE
* Aínda non se ten elaborado o proxecto construtivo do treito de maior complexidade técnica, o coñecido como “variante de Viveiro”. Xunto a iso as obras do resto dos tramos que discorren pola nosa provincia aínda non foron licitadas, á excepción do que hoxe aparece no DOGA.
* Balseiro resta credibilidade a posibilidade de desdobramento do corredor en autovía e lembra que a CPTOT condiciona esta posibilidade “a cando a intensidade do tráfico así o requira”.
* A falta de vontade política da Xunta para levar adiante esta infraestrutura ten a súa manifestación máis explícita na redución en máis dun 44,6% do orzamento destinado ao corredor no 2009.
A Mariña, 09 de xaneiro de 2008.- A lentitude administrativa da Xunta confirma que a vía de alta capacidade (VAC) entre Ferrol e San Cibrao non estará lista no 2011 tal e como prometeron o Presidente do Goberno galego Emilio Pérez Touriño e a conselleira de Política Territorial María José Caride. A devandita afirmación resulta acreditada, segundo o deputado popular José Manuel Balseiro, no propio estado da infraestrutura: “Non é posible que ningún dos treitos entre en servizo nesa data porque a que está a piques de rematar foi unha lexislatura perdida, na que a Xunta veuse incapaz de iniciar as obras en ningún quilómetro”
O Presidente da Xunta estableceu esta data, ano 2011, como horizonte de entrada en servizo desta infraestrutura con ocasión dunha visita ás localidades de Cariño e Cedeira en xaneiro do ano pasado. Pola súa parte a titular do departamento autonómico de Política Territorial e Obras Públicas, a socialista María José Caride, adiantou esta data con ocasión da xuntanza que mantivo cos alcaldes da Mariña, en decembro de 2007. Ambos faltaron á verdade. A situación actual afasta o horizonte máis optimista de finalización das obras do VAC Costa Norte ata máis ala da metade do ano 2012.
LICITACIÓN DA OBRA NO TREITO CELEIRO-SAN CIPRIAN
O deputado popular felicítase porque a Consellería de Política Territorial tivera a ben publicar no Diario Oficial de Galicia de hoxe a licitación do proxecto de construción do treito entre Celeiro e San Ciprián máis subliña que aínda está pendente a adxudicación desta obra e o inicio dos traballos de construción da futura vía “Falamos por tanto dun proceso que levará moitos meses, incluso anos”. Xunto a iso, Balseiro dubida que a Xunta contemplara a día de hoxe o proceso de expropiación das fincas afectadas polo trazado do futuro corredor neste treito.
TRÁMITES PENDENTES
A maiores de todos estes datos, o deputado popular subliña que a Consellería de Política Territorial aínda ten pendente finalizar o proxecto construtivo definitivo do treito que maior complexidade técnica carrexa, isto é, a coñecida como variante de Viveiro e, no referente á provincia de Lugo, non existe ningún outro treito que alcanzara ao trámite de licitación. “O VAC Costa Norte acumula un retraso inaceptable, que a Xunta pretende ocultar con este tipo de novas de marcado carácter preelectoral”- conclúe Balseiro Orol
DESDOBRAMENTO EN AUTOVÍA
Por outra banda, o deputado popular resta credibilidade ao feito de que o proxecto construtivo do treito hoxe adxudicado (Celeiro-San Cibrao) incorpore melloras técnicas que permitirían o seu desdobramento en autovía. Balseiro lembra que a propia CPTOT condiciona esta actuación a “cando a intensidade do tráfico así o requira”. Segundo o deputado do PPdeG a intensidade do tráfico xa require a existencia dunha vía coas características de corredor, e a Xunta bipartita non foi quen de facelo polo tanto, non é crible que vaian a agora pretendan construír unha autovía. É máis, segundo Balseiro, xa poderían existir treitos que, polo número de vehículos que por eles transitan, poderían ser desdobrados en autovía e pese a iso non o están a facer.
MENOS CARTOS, MENOS COMPROMISO
Finalmente, os populares insisten na importancia que ten o corredor da Costa, para vertebrar e comunicar á nosa comarca coa provincia da Coruña e, a través da A8, co resto de España e de Europa. A pesar diso, os orzamentos de 2009 reducen en máis dun 44,6% os investimentos respecto ao previsto no 2008: Se as contas autonómicas do presente exercicio prevían achegar para o ano próximo 12,4 M €, a realidade é que nos orzamentos xerais recentemente aprobados a consignación é moi inferior: 6,8 M € euros -4.865.502 para obras e 2.000.000 máis para expropiacións- “Ningún dato tan claro para evidenciar o nulo compromiso do actual Executivo autonómico co corredor”


















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



