BURELA (FNC) .- As Delegacións Medio Ambiente e Obras e Servizos de Burela inician unha campaña para fomentar a reciclaxe de envases de plástico e do papel cartón entre os cidadáns, co reparto de máis de 4.000 trípticos polos domicilios. A edil de Medio Ambiente, Lucía Bouza, sinala que “en Burela non é que esteamos a facer moi ben a reciclaxe de envases de plástico, latas e bricks e do papel cartón, posto que a taxa de recollida no noso caso está por debaixo da media autonómica e estatal”. Burela recolle 8 quilos de envases por habitante e ano, mentres que a media de Galicia é de 22 quilos e a de España está nos 19 quilos, e no caso do papel en Burela recóllense 9 quilos por habitante e ano, mentras que en Galicia son 15 os quilos reciclados e 22 en España.
A concelleira socialista di que “nos chama a atención que no caso do vidro en Burela si que sexamos un concello destacado no que é o conxunto de Galicia. Dos municipios de 10.000 habitantes somos o que temos a maior taxa de reciclaxe de vidro de Galicia”. Esta taxa está en Burela nos 30,18 quilos por habitante e ano, en Galicia a cifra sitúase nos 14,76 e en España está nos 14,21 quilos.
Coa campaña que comezou esta semana o Concello de Burela tamén fai fincapé na recollida de aceite usado de cociña. Bouza lembra que “cando comezou esta recollida no mes de marzo do ano pasado e ata finais do verán tiñamos unha taxa moi alta, pero agora parece que fomos baixando a garda e recollemos moitos menos qulos. Facemos polo tanto unha chamada para que os nosos veciños se conciencien da importancia que ten coidar o noso medio ambiente”. En agosto o Concello de Burela recolleu 1.000 quilos de aceite usado e en decembro só se chegou ós 400 quilos.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



