RIBADEO .- (FNC) Ribadeo acollerá os días 4, 6 e 9 de febreiro un ciclo de conferencias A Ponte de Arante na encrucillada da historia para conmemorar o bicentenario da batalla na que os veciños de sete parroquias de Trabada e de Ribadeo derrotaron a un destacamento de francesas mandado polo xeneral Fournier o 29 de xaneiro de 1.809. A concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, asegurou que “non podíamos deixar pasar esta data histórica para o noso Concello. É algo que forma parte da nosa historia local e pensamos que é básico e fundamental que tanto os nosos maiores recorden e rememoren esta data, pero tamén e sobre todo as xeracións máis novas”.
As conferencias vánse desenvolver ás 20:30 horas no salón de actos da Casa do Mar con entrada libre. A edil nacionalista explicou os aspectos que se analizarán “o día 4 o profesor Juan Ramón Fernández Pacios analizará a Ponte de Arante no Camiño do Norte… o significado, a importancia que tivo nesta ruta e o que foi a capela de Arante nesa época da historia. O 6 de febreiro, Xosé Ramón Veiga Alonso falará da guerra da Independencia na antiga provincia de Mondoñedo para situar un pouco o contexto histórico no que se produciu esa batalla e como se desenvolveu no noso concello. E o 9 de febreiro, Rosa C.Barreiro analizará a pintura galega na edade moderna e sobre todo as pinturas que hai na capela das Virtudes de Arante. Pensamos que son tres aspectos importantes os que se van analizar tendo en conta a raíz de todo esto. Hai que lembrar que todos os anos conmemórase a Festa das Cruces a onde acuden moitos veciños de Ribadeo e dos concellos limítrofes que participan nestas celebracións do primeiro de xuño”.
Visitas para os escolares
O Concello e a Fundación Comarcal Mariña Oriental tamén organizan “para completar este feito histórico cunha serie de visitas guiadas a Arante que desde o Concello de Ribadeo lles ofertamos aos centros de ensino de Trabada, Barreiros, A Pontenova e Ribadeo. Estas visitas serán do 9 ao 13 de febreiro e nelas os escolares van ir á capela a coñecer as pinturas e un pouco da historia de Arante. Temos que agradecerlles a acollida amosada porque temos cubertas as visitas de todos os días”, seguiu a contar Mariluz Álvarez Lastra.
Recreación histórica
Tamén se fixo a reedición de 3.000 exemplares do libro “que no seu momento o profesor Emilio Piñeiroa do Instituto Gamallo Fierros fixera cos seus alumnos e no que se poñía en valor a capela das Virtudes de Arante. Eses exemplares vánse repartir entre os rapaces que acudan ás visitas guiadas e entre as persoas que vaian ás conferencias. O meu agradecimento a este profesor porque foi él o artífice dese libro e porque participou activamente na organización destas xornadas e nesta proposta cultural que facemos en Ribadeo”. Mariluz Álvarez Lastra anuncia que “estamos traballando para poder facer este ano unha recreación histórica da batalla de Arante. Estamos en contacto coas Asociacións Napoleónicas que fan a recreación da batalla de Elviña na Coruña e agardamos que en xuño poidamos ter a nosa recreación en Arante para que despois sexan os veciós os que fagan estes actos de celebración”.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



