RIBADEO (FNC) .- O BNG sumouse no pleno de onte á moción presentada por PP, PSOE e UPRI e todos acordaron rexeitar a actual situación do plan sectorial de solo residencial da Xunta. Segundo explica o alcalde, Fernando Suárez, “nun primeiro momento despois de que os portavoces expuxeran as súas argumentacións, que curiosamente foron discrepantes entre eles en moitos aspectos, coa idea de que non aceptaban este emprazamento preguntóuselles por parte do alcalde para que o dixeran alto e claro e para constase en acta si o que rexeitaban era o emprazamento ou o plan sectorial de vivenda en sí mesmo. E como rexeitaron o emprazamento soamente e se comprometeron a buscar alternativas para suxerirlle á Consellería de Vivenda dentro dos criterios que a administración ten, e que non é ir facer vivendas ao medio do monte senón pechar mazás baleiras ou medio baleiras dentro das tramas urbanas do que é a vila de Ribadeo, con ese compromiso nós tamén nos sumamos a ese rexeitamento destas dúas bolsas”.
Suárez Barcia engade que “non obstante debo dicir que dentro dos grupos da oposición se nos acusou de non dar información… pero nós estamos moi, moi desgustados coa actitude concretamente de dous grupos: de PSOE e de UPRI, porque si ben é certo que poden facer oposición como mellor lles pareza e poden acudir ás chamadas que fai o goberno ou deixar de acudir si é certo que todos os grupos somos escollidos polos veciños, pero que todos os veciños nos escollan ou non, éstes queren que os representantes políticos os defendan. E que mellor sitio para facelo que onde se poden resolver estas cousas”. O rexedor lembra que “este plan está levado adiante pola Consellería de Vivenda e eu no seu momento convoquei unha xunta de voceiros para analizar este tema e déronme plantón dous dos tres grupos da oposición: PSOE e UPRI, e quizais fixeron acto de chegar aí para apuntarse unha dieta e logo marcharon sen falar nin o máis mínimo. Pero é que o colmo e a tristeza prodúcenma cando 3 ou 4 días despois puiden xestionar unha entrevista co director xeral do IGVS para analizar e estudar esta situación que se estaba a dar en Ribadeo e soamente acudiu o portavoz do PP porque os outros dous tamén me deron calabazas e iso desde logo aos veciños, polo que eu podo apreciar pola rúa, non lles gusta… non lles gusta que os seus representantes se adiquen a liala e a tentar desgastar ao goberno e se lles ve o plumeiro xa que ás veces teñen pouco interese en resolver problemas e propoñer alternativas, senón que o que queren é desgastar ao goberno”.
Falsidades
Fernando Suárez sinala que “no pleno tamén quixemos desde o goberno facer unha serie de aclaracións sobre unhas falsidades que se estiveron a dar nos últimos tempos e que non foron axustadas. Debo dicir que quizais o plan estivo mal explicado por parte da Consellería de Vivenda, de aí que moitas veces provocara un rexeitamento. Sobre todo moita xente e algúns portavoces se cansaron de dicir que este plan ía expropiar os terreos a 6 euros o metro cadrado, algo que é absolutamente errado e que mirando os cadros que no seu momento se editaron e se puxeron a información pública o que con bastante claridade dicía e que ademais se podía facer cunha simple división do que era a valoración de 2.272.000 euros que facía do conxunto do solo incluído nesta actuación duns 30.000 metros cadrados. Cunha simple división aritmética se ve que a valoración promedia do metro cadrado de solo era de 76’67 euros e non de 6’22 como erradamente se ten entendido ou se ten querido facer entender en algún caso”.
Pepri
O alcalde segue a explicar que “estas cousas que ás veces se pensa moita xente que teñen pouco recorrido, pois van ter moito máis recorrido, porque en planeamento e mesmo na política desde logo é imposible que chova a gusto de todos e moitas veces hai que tomar decisións en contextos e as máis das veces con intereses contrapostos como pode ser o caso e aquí polo que lle escoitei á comisión de afectados e aos veciños que se opoñían a este plan por intereses totalmente contrapostos… moitos se opoñían porque lles parecía que se pagaba pouco e outros porque simplemente non querían que se fixese nada de nada”. Suárez Barcia cre que “no seu momento, antes ou despois, cando a Corporación queira darlle luz verde ao PEPRI a Corporación terá que dicir a que sentimentos se lles da a razón, si aos que ven unha serie de edificabilidades en concesións con zonas verdes ou simplemente si se lles da a razón a aqueles que pretenden que non se faga nada de nada e aí moitas veces as actitudes dos grupos da Corporación a corto prazo cren que gañan batallas e o que fan é eternizar as guerras”.
Fernando Suárez puntualiza que “a nós o que nos caracteriza neste tempo de mandato é a transparencia, a pesares de que algúns grupos se queixen de que non a hai. Eu convídoos a que vexan e fagan reconto de cantas comisións informativas se teñen convocado para tratar asuntos, cantas xuntas de portavoces e como se está levando adiante a redacción do plan xeral de ordenación municipal entre todos. A ver cantos gobernantes e corporacións o están a facer así e desde logo non temos ningún problema en traer a debate, como non, o plan especial do casco vello, pero aí tamén queremos ver a opinión de todos os grupos e queremos ver si o que dixeron onte no pleno é o que sentían ou si dentro de 3 ou 4 meses van soster contrariamente o que estiveron a dicir algúns deles. Esperaremos e veremos”.






















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



