NOTA DE PRENSA
O PP de Burela reitera as críticas ás listas de espera do Hospital.
Os populares afirman que hai axendas pechadas.
Consideran que PSOE e BNG rinse dos veciños.
O PP de Burela reiterou hoxe as críticas ás listas de espera do Hospital burelés, afirmando que hai axendas pechadas. Así, os populares aseguran que en Oftalmoloxía se lle dixo a unha persoa, en decembro, que pedira consulta cando se repartan as vacacións, o que é incomprensible a todas luces. Ademais, tamen en Decembro, a un paciente de Uroloxía se lle dixo que pedira consulta a partires de Abril. Unha terceira paciente pediu consulta no Centro de Orientación Familiar en Outubro, lle dixeron que xa a avisarían e ainda a día de hoxe non tivo noticias de ningùn tipo.
Para o PP, estes son só exemplos da multitude de casos semellantes que día a día viven os pacientes e usuarios do Hospital de Burela. Polo tanto, non podemos aguantar que os responsables do PSOE e do BNG nos conten milongas sobre o que fixeron en Sanidade, porque a realidade é a que é, que os enfermos sofren considerables retrasos.
Os cidadáns de Burela non nos merecemos representantes que minten e enganan e que por riba non fixeron nada por millorar o funcionamento do Hospital, senon empeoralo, e que para rirse ainda máis de nós non foron capaces a arrancar coa ampliación do Hospital. Ampliación do Hospital que seguramente anunciará mañán, unha vez máis, o señor Touriño, pero que xa non se cré ninguén.

















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



