CERVO .- A asociación Mariñapatrimonio recadou máis de cincocentas sinaturas e presentou unha denuncia diante da Dirección Xeral de Urbanismo pola concesión de licenzas por parte do concello de Cervo na Atalaia de San Cibrao, considerando que se permite a construción sobre un xacemento arqueolóxico.
NOTA DE PRENSA:
Mariñapatrimonio xunto con 527 persoas, preocupadas polo futuro da Atalaia de San Cibrao , denunciamos ante a Dirección Xeral de Urbanismo a concesión de licenzas por parte do concello de Cervo para a construción de tres edificios sobre o xacemento arqueolóxico do Castro da Atalaia.
Os asinantes desta denuncia consideramos que as tres licenzas foron outorgadas con manifesto incumprimento da lexislación urbanística e da lexislación do patrimonio, polo que requirimos a intervención da autoridade competente en materia urbanística para, tomando en consideración a nosa denuncia,se leven a cabo as accións pertinentes para repoñer a legalidade e se protexa un ben patrimonial que é de todos e todas.
Mariñapatrimonio xunto cos 527 asinantes presentamos unha denuncia ante a Direción Xeral de Urbanismo polas licenzas concedidas polo concello de Cervo para a construción de tres edificios sobre o xacemento arqueolóxico, o Castro da Atalaia de San Cibrao
Os feitos nos que baseamos a nosa denuncia son os seguintes:
* As tres parcelas nas que se pretenden executar estes proxectos de edificación están ubicadas no Castro da Atalaia, onde, no momento de outorgarse as respectivas licenzas urbanísticas, a Alcaldía e demais membros da Xunta de goberno coñecían a existencia dun xacemento arqueolóxico. Para poder conceder estas licenzas, o concello precisa un informe sectorial previo das autoridades competentes en materia de protección do patrimonio. As tres licenzas carecen deste informe sectorial.
* A cualificación do solo correspondente a estas tres parcelas para as que foron outorgadas as licenzas urbanísticas é, segundo as Normas Subsidiarias de Planeamento do concello de Cervo (do ano 1978 e modificadas en 1998 para adaptación á Lei de Adaptación do Solo de Galicia), a de SOLO URBANO para usos I/RM (Industrial e Residencial Mixto. A ordenanza do planeamento para este tipo de solo, esixe que, para cada solar, o Concello estableza “a modalidade de ordenación acorde co entorno do mesmo” establecendo, ademais, que “nas zonas de transición ou indiferenciadas, así como nas parcelacións de ordenación mixta se efectuará previamente un Estudo de Detalle” (punto 4.3.4 das Normas Subsidiarias do Planeamento de Cervo). Non consta a aprobación de ningún Estudo de Detalle previo á concesión destas licenzas de edificación.
Polo tanto os 527 asinantes desta denuncia, xunto con Mariñapatrimonio, consideramos que as tres licenzas concedidas, foron outorgadas con manifesto incumprimento da lexislación urbanística e lexislación do patrimonio vixentes, polo que requirimos a intervención da autoridade competente en materia urbanística para, tomando en consideración as nosas denuncias, se leven a cabo as accións pertinentes para repoñer a legalidade e desa forma protexer o Castro da Atalaia.




















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.



