NOTA DE PRENSA
A fórmula elixida, que cada consellería publique a súa orde de axudas segundo o tipo de dano, condena aos mariñáns a un suplicio interminable de papeleo,“…máis e máis burocracia sen garantías de obter a correspondente compensación”
BALSEIRO CUALIFICA DE INSUFICIENTES AS AXUDAS POLO TEMPORAL OUTORGADAS POLA XUNTA
* Reclama que a Xunta habilite oficinas informativas e para a tramitación das solicitudes en cada un dos concellos afectados.
* Subliña o feito de que as axudas non son en concorrencia competitiva, isto é, non se fan depender do nivel de renda e non chegarán a todo o mundo xa que unha vez esgotado o curto orzamento dispoñible, non cabe recibir a axuda malia que sexan un prexudicado.
* Balseiro insiste en que, de confirmarse que o consorcio de compensación de seguros non asume as perdas derivadas da longa interrupción do subministro eléctrico (alimentos refrixerados, lucro cesante polo peche provisional de empresas, comercios e negocios,…) a Xunta debera costear estes estragos
A Mariña, 05 de febreiro de 2008.- O dirixente do Partido Popular José Manuel Balseiro Orol cualificou como insuficientes as axudas que a Xunta está a publicar no Diario Oficial de Galicia (DOGA) co obxecto de paliar os danos provocados polo temporal. Nunha valoración provisional do contido nas distintas ordes, Balseiro Orol cuestionou a fórmula empregada polo Executivo de Touriño e de Quintana para compensar gran parte dos danos.
SUPLICIO INTERMINABLE DE PAPELEO
De xeito especial o deputado popular cuestiona que cada consellería aprobe a súa correspondente orde, dependendo do tipo de dano, condenando ás veciñas e veciños da Mariña afectados a un suplicio interminable de papeleo, a un longo camiño de burocracia e todo iso, sen garantías de que ao final poidan obter a correspondente axuda.
OFICINA DE ATENCIÓN E TRAMITACIÓN EN CADA CONCELLO
Balseiro Orol aproveitou unha vez máis para reclamar da Xunta que habilite oficinas nas que, a maiores de ofrecer a información oportuna sobre estas axudas e resolver as dúbidas que poidan xurdir aos interesados, persoal cualificado da administración autonómica poida tramitalas. Ata o momento tan só a Consellería de Innovación e Industria adoptou esta decisión máis centralizou o seu persoal nas oficinas de Burela obrigando a desprazarse ata alí aos veciños dos concellos máis afastados. Tamén ofrecen información as oficinas de extensión agraria, pero tan só naquelas localidades nas que existen. “Na nosa opinión deberan habilitarse puntos de información e tramitación en cada un dos concellos afectados, de xeito especial se como pasa no caso da axuda da consellería de Industria esta tan só pode tramitarse vía telemática”.
ATA QUE REMATEN OS FONDOS
Por outra banda e, a expensas dunha análise máis exhaustiva, o dirixente popular lamentou que as axudas non sexan en concorrencia competitiva e polo tanto, que beneficien á xente con independencia do seu nivel de renda ou da magnitude dos estragos. En todo caso, o dato máis negativo de que sexa esta a fórmula escollida é o feito de que unha vez rematado a partida orzamentaria existente para facer fronte a estes gastos, moitas daquelas persoas que sufriron danos non recibirán un só euro. O abono das axudas efectuarse polo tanto por rigoroso orde de resolución, polo que é moi importante presentar as solicitudes e a valoración dos danos a tempo, así como tamén achegar toda a documentación precisa evitando requirimentos posteriores que retrasen a resolución definitiva.
ALIMENTOS REFRIXERADOS
Balseiro Orol empraza á Xunta de Galicia a que asuma as perdas derivadas da interrupción do subministro eléctrico (alimentos refrixerados, conxeladores, lucro cesante polo peche provisional de comercios, empresas,…), de xeito especial, de confirmarse que o consorcio de compensación de seguros non cubrirá estas circunstancias. Está claro que os culpables pola tardanza en recuperar a luz eléctrica non foron os particulares, polo que é inadmisible que tanto a empresa como a Xunta se desentendan destes danos.
COMUNIDADES DE VECIÑOS
Plantexa temén o deputado popular unha serie de dúbidas, das que tamén participan moitos dos veciños da Mariña. En concreto, non comprenden como é posible que as axudas para compensar os danos producidos nas vivendas non poidan ser solicitadas directamente polas comunidades de veciños, senón que deben ser pedidas polos distintos propietarios, ainda a pesar de que moitos destes estragos afectan a elementos comúns






















A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



