NOTA DE PRENSA:
Os populares sinalan como obxectivo prioritario devolver a confianza dos veciños da Mariña no sistema público de saúde, moi deteriorada nestes catro últimos anos nos que, por chegar, as listas de espera trasladáronse tamén ata os centros de atención primaria: médicos de familia e receitas
O PPdeG COMPROMÉTESE A AMPLIAR O HOSPITAL DA COSTA NA VINDEIRA LEXISLATURA
* Balseiro: “Sabemos como facelo, porque o fixemos cando tíñamos a responsabilidade de Goberno e volveremos a facelo, neste caso, desde a Xunta presidida por Alberto Núñez Feijóo”.
* O PPdeG elaborará un plan de choque específico, no que contará coas achegas e a ampliación de todos os traballadores e profesionais do hospital, para reducir o alarmante aumento dos tempos de espera, que rexistran datos peores ca no 2005.
A Mariña, 16 de febreiro de 2009.- Como medida para corrixir o progresivo deterioro do sistema público de saúde que se está a producir tras os últimos catro anos, o Partido Popular de Galicia quere adquirir un compromiso firme con todos os veciños da Mariña: O futuro Goberno de Feijóo levará adiante o proxecto de ampliación do Hospital da Costa.
O candidato número tres dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro Orol, explica que as instalacións actuais quedáronse pequenas para facer fronte ás demandas dos cidadáns e ás prestacións sanitarias das que debe dispoñer un hospital do século XXI. Nos últimos tempos o hospital mariñán rexistrou índices moi altos na ocupación de camas, actividades cirúrxicas e nas visitas externas, en definitiva, unha actividade que poderíamos cualificar de desbordante. E por iso que, ampliar esta estrutura e mellorar a dispoñibilidade de prazas de aparcamento son dous obxectivos que o PP se compromete a desenvolver os próximos catro anos.
“Sabemos como facelo, porque o fixemos cando tíñamos a responsabilidade de Goberno e volveremos a facelo, neste caso desde a Xunta presidida por Alberto Núñez Feijóo Porque non é admisible que a principal infraestrutura sanitaria da nosa comarca continúe esquecida polos actuais dirixentes do Executivo autonómico” – explicou Balseiro.
PLAN ESPECÍFICO DE LOITA CONTRA AS LISTAS DE ESPERA
A maiores de todo isto o PPdeG comprométese a elaborar un plan específico para atallar as listas de espera. Os populares contarán para perfilalo e levalo adiante coas achegas e colaboración de todos os traballadores a axentes implicados na xestión das citas e das consultas dos especialistas. Inicialmente comprométese a auditar todo o sistema para observar as particularidades que fan do noso hospital o terceiro con maior saturación de toda Galicia, só superado neste aspecto tan negativo polos grandes complexos hospitalarios de Lugo e Vigo.
Para o PP non é aceptable que segundo os datos oficiais que poden ser consultados por todos na web do SERGAS hoxe a metade das especialidades médicas rexistran peores datos ca no 2005. E, o que aínda é máis preocupante, tras a ineficaz xestión de socialistas e nacionalistas as listas de espera deixaron de ser un problema exclusivo do hospital para trasladarse aos centros de saúde.
PRIORIDADE DEVOLVER A CONFIANZA
A intención, en definitiva, é devolver a confianza dos veciños e veciñas desta comarca na sanidade pública. A fórmula escollida é facendo deste un obxectivo prioritario a diferenza do que hoxe acontece. “Co PSOE e o BNG o hospital é un problema que hai que ocultar, do que non se pode falar, no que hai que manipular os datos e as estatísticas. Co PP o Hospital será o centro neurálxico do sistema de saúde público da nosa comarca, unha prioridade na xestión e no investimento da Xunta de Feijóo”
A DOBRE FACIANA DO BNG
A modo de réplica, e tras ter constancia de que o BNG mantén este mesmo compromiso -Ampliar o Hospital da Costa- os insisten na importancia de que non se deixen enganar por aqueles que fan das súas promesas un “reiteración rancia e pouco de fiar”. Neste senso, acude ao Diario Oficial do Parlamento para explicar que, como última ocasión, o 16 de decembro de 2008, tanto o Sr Parga como o resto dos deputados do seu grupo, votaron en contra de achegar fondos -2M€- para ampliar o Hospital da Costa. Esta foi a quinta ocasión na que os nacionalistas “venderon” á Mariña, e antepuxeron os seus intereses particulares a aquilo que A Mariña precisa”.






















A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



