NOTA DE PRENSA
O candidato número tres pola provincia de Lugo e deputado autonómico Jose Manuel Balseiro cualifica de tercermundista a situación na que se atopan as instalacións de Galescola burelense que aínda non foron arranxadas na súa totalidade despois despois dos estragos causados polo Klaus
O PPdeG COMPROMÉTESE A FACER UNHA NOVA GARDERÍA EN BURELA TENDO EN CONTA O MAL ESTADO DAS INSTALACIÓNS ACTUAIS E A ALTA DEMANDA EXISTENTE
* Balseiro Orol e González Barcia visitaron as instalacións e comprobaron in situ como improvisado arranxo da tellado, cuberto por unha lona, non evita a filtración de auga e frío polo tellado.
A Mariña, 19 de febreiro de 2009.- Cando está a piques de cumprirse un mes desde que o ciclón Klaus asolase gran parte dos concellos da nosa comarca as instalacións de Galescola de Burela seguen a resentirse dos efectos dos sucesivos temporais e do abandono por parte dos responsables do seu mantemento: o Concello e a Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Así o puido comprobar o deputado autonómico do Partido Popular Jose Manuel Balseiro que visitou as instalacións acompañado de Jose María González Barcia, portavoz dos populares de Burela, e xunto a outros edís desta formación política na localidade. Todos puideron observar como o improvisado arranxo da cuberta non evita que se produzan filtracións de auga e frío polo tellado. “Incluso na zona de comedor hai dispostos cubos para recoller a auga que cae das goteiras, xusto ao lado mesmo das mesas onde comen os nenos e nenas”.
Observada a magnitude das deficiencias deste centro, Balseiro Orol cualificou a situación de “tercermundista” á vez que se comprometeu a que, o futuro Goberno de Galicia, de estar presidido por Alberto Núñez Feijóo construirá unha nova gardería en Burela coas instalacións de calidade e dotacións que require un centro destas características e coa capacidade suficiente para albergar a todos os nenos e nenas que así o precisen. “É vontade do Partido Popular destinar recursos e esforzos neste tipo de infraestruturas de benestar. Nós pensamos nas familias e, dun xeito especial, en facer máis fácil a conciliación da vida familiar e laboral. Hoxe acontece algo totalmente diferente: co BNG todos os recursos acaban por perderse en propaganda e hai moi poucos cartos para atallar os problemas das garderías galegas como esta tarde puidemos comprobar”
MÍNIMAS GARANTIAS DE SEGURIDADE?
Burela conta coa súa gardería por iniciativa do Goberno do Partido Popular pois esta formación política xestionaba tanto a Xunta como o Concello no momento da súa apertura. Ambas institucións colaboraron tamén na ampliación das actuais instalacións pero, tras o acceso do bipartito ao Goberno autonómico, os novos responsables nacionalistas puxeron innumerables trabas para autorizar a apertura das instalacións ampliadas alegando fallas de seguridade. Pola contra, hoxe, o departamento que dirixe Anxo Quintana permite sigan a empregarse unhas instalacións “nas que precisamente non se pode presumir da súa seguridade e condicións de habitabilidade e servizo mínimas” –conclúen desde o PP.
ESCRITO A VICEPRESIDENCIA
Balseiro Orol espera que a visita e a denuncia pública desta situación obrigue á Vicepresidencia da Xunta a adquirir o compromiso de amañar con carácter de urxencias estas deficiencias ou, polo menos, que os responsables deste departamento autonómico traballen en atopar unha fórmula axeitada para garantir que o servizo que se presta nestas instalacións cumpre as condicións mínimas de calidade. O candidato popular número tres pola provincia de Lugo, empregando a súa condición de deputado no Parlamento de Galicia, remitirá un escrito á Xunta no que deixará constancia destas deficiencias. Deste xeito o PP farase eco das queixas dos nais e pais que reclaman cheos de razón o arranxo urxente do tellado.
OÍDOS XORDOS ÁS QUEIXAS DAS NAIS E PAIS
Os populares aseguran que a lona que cobre a parte do tellado da gardería levan postas tres meses. Xa no seu momento esta cobertura tiña un carácter provisional. Hoxe as filtracións de auga e frío evidencian que os temporais deixaron a súa pegada no mesmo e, pese a iso, non existe intención de arranxar estes estragos coa urxencia debida. Tal e como explicaron ata o momento a Vicepresidencia da Xunta de Galicia fixo oídos xordos ás nais e pais dos nenos e nenas usuarios da gardería. Unha práctica moi habitual noutros moitos sitios nos que existen este tipo de problemas en instalacións xestionadas polo departamento de responsabilidade de Anxo Quintana.
González Barcia acusou ó bigoberno burelés, e concretamente a Nieves Cando, de pasotismo e deixación de funcións para esixir, como se merecen os nenos e nenas, o arranxo inmediato dunha instalación que máis ben parece unha carpa ca unha gardería. Igualmente, lembrou que o Bloque opúxose á financiación da ampliación da gardería, o que quere decir que non estaba a favor da mesma. Barcia lembrou que a inclusión da gardería na rede de galescolas propicia que a gardería custe ó ano 150.000’00€ ó concello de Burela, ademais do que pagan os usuários.

















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



