Nota de Prensa
O BNG DE FOZ INSTA AO CONCELLO A AMAÑAR INMEDIATAMENTE A PISTA DE TRASMONTE AOS MONTES VECIÑAIS EN NOIS
O BNG denuncia o estado lamentábel da pista de acceso aos montes da parroquia de Nois e insta ao Concello que coa maior urxencia a amañe. Mesmo fora o alcalde quen prometera que despois de pasar os temporais o faría, polo tanto, o que debe facer o señor alcalde é cumprir cos seus compromisos. Desde hai máis de dous meses que esta pista forestal está totalmente intransitábel, tanto para persoas como para veículos polo que é imposible acceder aos montes que os veciños teñen nesta zona. Numerosas queixas dos veciños e daquela xente que usa ás pistas xa foron realizadas diante do alcalde sen que esta fixera nada ata o momento para solucionar o problema.
O BNG propuxera esta obra para incluila no Plan estatal de inversión local sen que saibamos se finalmente está incluida para realizar ou non. Naquela sesión plenaria tanto o PP como PSOE votaron en contra desta e doutras obras fundamentais para as parroquias. De todos os xeitos, esta pista non pode quedar así máis tempo polo que provisionalmente o Concello ten que liberar o acceso e poñela en condicións de paso. A paciencia dos veciños ten un límite, límite que hai tempo o señor alcalde sobrepasou. É sorprendente que agora que os montes da Lagoa e Faro pasaron a mans comunais para desfrute dos veciños da parroquia non podan acceder a eles por unha actuación municipal que hai tempo que debera executar.
Esta ausencia de iniciativa por parte do grupo de goberno é unha proba máis do desgoberno e das tensións internas que existe hoxe en día no partido socialista focego e dentro do grupo de goberno. Desde o BNG, pensamos que esta situación repercute negativamente na vida municipal que está totalmente abandonada a pesar que o BNG ten posto propostas de actuación claras e urxentes en riba da mesa sen que o goberno municipal faga nada ao respecto.

















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



