LOURENZÁ .- O Diario Oficial da Unión Europea publicou a solicitude de rexistro da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, abrindo unha “fase de oposición” de seis meses para a recepción de alegacións. Paso este tempo a Comisión Europea xa poderá aprobar mediante regulamento a inclusión deste feixón na lista de productos protexidos.
Nota de Prensa
A FABA DE LOURENZÁ INICIA O TRÁMITE PARA A INCLUSIÓN NA LISTA DE PRODUTOS PROTEXIDOS CON SELO DE CALIDADE DA UNIÓN EUROPEA
? O Diario Oficial da Unión Europea publica hoxe a solicitude de rexistro desta IXP, abrindo unha “fase de oposición” de seis meses para a recepción de alegacións, tras a cal a Comisión Europea xa poderá aprobar mediante regulamento a inclusión deste feixón na lista de produtos protexidos.
? A última colleita de Faba de Lourenzá xa foi comercializada baixo o selo da I.X.P. dentro do ámbito estatal, xa que no mes de agosto do pasado ano fora aprobada a protección transitoria para este produto.
Santiago, 16 de febreiro de 2009.- O Diario Oficial das Unión Europea publica hoxe o regulamento sobre a protección da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, abrindo un período de seis meses de exposición para que calquera entidade, empresa ou particular do territorio da Unión Europea poida presentar algún tipo de alegación ao prego de condicións recollido na publicación. Deste xeito, iníciase o paso previo para o rexistro desta nova I.X.P. na lista de produtos europeos protexidos con selo de calidade. Transcorrido o prazo estipulado de seis meses, de non presentarse ningunha alegación, a Comisión Europea xa poderá aprobar o regulamento para a inclusión da Faba de Lourenzá no citado rexistro.
Hai que lembrar que a Consellaría do Medio Rural xa aprobara no pasado mes de agosto a protección transitoria que permite a comercialización deste feixón co selo de Indicación Xeográfica Protexida dentro do Estado español, polo que a pasada colleita xa saíu ao mercado baixo o selo de calidade certificado polo Instituto Galego da Calidade Alimentaria. Naquel momento tamén se constituíra un Consello Regulador provisional formado por tres vogais do sector produtor e tres polo sector industrial e presidido por Gemma Iglesias Recalde.
Hai que lembrar que a área de produción desta indicación xeográfica protexida abarca o territorio costeiro da provincia de Lugo -a Mariña Lucense- que engloba os concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. A Faba de Lourenzá protexida pola I.X.P. pertence á variedade local “faba galaica” e presenta unhas calidades específicas que a diferenza doutros produtos da mesma especie vexetal, debido ás condición edafolóxicas e climáticas da zona e ás técnicas tradicionais de cultivo mediante as que se produce a faba. Este feixón de tamaño grande ten unha elevada capacidade de absorción de auga e un excepcional comportamento en cocción.



















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



