Foz, 25 de febreiro, 2026. A Aula Universitaria da UNED de Foz presenta para o mes de marzo de 2026 unha nova programación formativa dirixida ao público xeral. A oferta inclúe catro cursos presenciais centrados na saúde, a educación e o benestar persoal, ademais dunha actividade divulgativa ao aire libre e unha proposta de ocio para crianzas.
Segundo explica Marta Muíña, coordinadora da Aula Universitaria da UNED de Foz, “esta nova oferta responde ás demandas actuais da cidadanía, apostando por unha formación práctica, útil e impartida por profesionais de recoñecido prestixio nos seus respectivos ámbitos”.
O primeiro curso será “Planificación nutricional para persoas con pouco tempo: organización semanal paso a paso”, impartido pola dietista-nutricionista Saray Río. Trátase dunha formación presencial de 10 horas orientada a quen desexe mellorar os seus hábitos alimentarios de maneira sinxela e organizada.
Tamén se impartirá o curso “Acompañando a dislexia: guía para familias e educadores”, a cargo de Alicia Lage, psicóloga e neuropsicóloga clínica. Esta formación presencial, tamén de 10 horas, está dirixida a familias, docentes e profesionais interesados en comprender mellor a dislexia e adquirir estratexias prácticas de apoio. Nunha das sesións participarán, a través da canle online, dous membros do equipo de Change Dyslexia. A concelleira de Educación, Elena Martínez Pena, destacou que “é fundamental dar apoio tanto ás familias como aos centros educativos para favorecer unha educación máis inclusiva e adaptada ás necesidades reais do alumnado”.
A programación inclúe ademais o curso “Primeiros auxilios e coñecementos do DEA en adultos”, impartido por Camilo José Vázquez, profesional especializado en urxencias e emerxencias sanitarias. A formación, de 12 horas, ofrecerá habilidades básicas para actuar en situacións de emerxencia e para o uso correcto do desfibrilador externo automático (DEA).
Tamén se ofrecerá o curso “Uso de Silhouette e Canva aplicado ao deseño de eventos”, de 25 horas de duración, dirixido a persoas interesadas en iniciarse no deseño dixital e na creación de elementos decorativos para eventos. Será impartido por Carmen Mira, directora de Imaxinatia e formadora.
A programación complétase cun roteiro interpretativo sobre as cancións de amor das aves, guiado por Pedro Rolle, colaborador habitual da UNED de Foz e experto en biodiversidade. A actividade terá lugar o 23 de marzo, con saída desde a igrexa de San Acisclo ás 16:00 horas.
Como peche do mes, o 31 de marzo celebrarase un obradoiro de manualidades de Semana Santa en inglés, impartido por Leticia Veiga e dirixido a crianzas de entre 5 e 9 anos.
“Seguimos traballando para achegar formación de calidade ao noso territorio e ampliar as oportunidades de aprendizaxe ao longo da vida”, conclúe Marta Muíña.
Desde a Aula Universitaria da UNED de Foz lembran que continúa aberto o prazo de matrícula para o presente curso académico, que poderá formalizarse ata o 11 de marzo. As persoas interesadas poden obter máis información a través dos canais habituais da UNED ou directamente na propia Aula Universitaria.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



