Nota de Prensa
BALSEIRO “TRANQUILIZA” A LAGO LAGE E ASEGÚRALLE QUE A PROVINCIA MELLORARÁ CO NOVO GOBERNO DA XUNTA
• Recórdalle que os únicos que paralizaron as infraestructuras na provincia de Lugo foron Zapatero e o bipartito da Xunta e que foi o PP o que as puxo a andar todas e que será tamén o PP, tanto na Xunta como en Madrid, o que as inagure”
• Asegura que “a memoria de Lago Lage ten moitas lagunas”, xa que foi o PP, co Plan Galicia, o que deixou todas as infraestructuras programadas para Lugo e Galicia e non se limitaban só a A-8. “Debería revisar a sesión do 29 de xuño de 2004 do Congreso para refrescar a súa memoria”, recoméndalle
• As cifras que da Lago Lage son pura invención, xa que Lugo foi non 2005, 2006, 2007, 2008 e 2009 a provincia galega que menos cartos recibe do Estado, engadiu o Secretario xeral dos populares lucenses
Lugo, a 31 de marzo de 2009.- O Partido Popular de Lugo considera que o secretario provincial do Partido Socialista Luis Angel Lago Lage “equivoca a dirección das súas críticas” á hora de defender as actuacións do executivo que encabeza Rodríguez Zapatero.
O secretario provincial dos populares, José Manuel Balseiro, indicou que Lago Lage “parece non estar ó tanto das actuacións do seus propios compañeiros de partido porque José Manuel Barreiro, na súa calidade de senador, limitouse a trasladar á cidadanía a resposta obtida do Goberno do Estado sobre o grao de execución das obras incluidas nos orzamentos xerais para a provincia de Lugo”.
“É comprensible”, engade Balseiro, “que ó Sr. Lago Lage non lle guste a resposta, a ninguén lle pode compracer constatar que obras determinantes para o desenvolvemento económico da nosa provincia e reiteradamente comprometidas polo Goberno socialista, como as autovías ou o propio AVE, acumulen tanto retraso e non xa por falla de orzamento senón porque as partidas consignadas para elo, sexan grandes ou pequenas, suficientes ou non, non chegan nin sequera a investirse”.
Lémbralle Balseiro que os únicos que paralizaron as infraestructuras previstas polo PP para a provincia de Lugo foron Zapatero e o bipartito da Xunta, ó tempo que considera que Lago Lage “ten moitas lagoas” na súa memoria, dado que “foi o PP, co Plan Galicia, o que deixou todas as infraestructuras programadas para Lugo e Galicia e que, por suposto, non se limitan á A-8”. “Recoméndolle”, engadiu, “que revise a sesión do 29 de xuño de 2004 do Congreso”.
O Secretario xeral dos populares lucenses asegurou ademais que as cifras que dá Lago Lage “son pura invención”. “Lugo foi no 2005, 2006, 2007, 2008 e 2009 a provincia galega que menos cartos recibe do Estado”, dixo.
Balseiro recupera algúns dos exemplos postos polo propio Barreiro na súa comparecencia de hai uns días para ilustrar este asunto. “O da nova ponte sobre o Miño é un culebrón que se remonta a 2004 e é inegable que, pese as moitas promesas feitas ó respecto, aínda non existe. E o propio Ministerio de Fomento recoñece que en ano e medio investíronse nela 45.071 euros cando terían que terse gastado 4,5 millóns de euros”, explicou.
En dous tramos da A-54, a autovía Lugo-Santiago, A-54, os correspondentes a Guntín-Monte de Meda e Vilamoure-Nadela, para os que había consignados, en conxunto, 2,3 millóns de euros non se investiu nin un euro; en tres tramos da autovía do Cantábrico, a A-8, pasou o mesmo, engadiu o Secretario xeral dos populares lucenses. Quere esto dicir que en 18 meses, dos 40,25 millóns de euros que se tiñan que ter empregado, só se gastaron 4,3 millóns.
Balseiro tamén lembrou as críticas feitas no seu día polo seu partido cando foron aprobados os orzamentos do presente exercicio, “dado que Lugo foi a provincia que menor aportación estatal vai recibir”, así como ó feito de que “o Goberno de Rodríguez Zapatero recoñecera que o nivel de execución orzamentaria de 2007 na provincia de Lugo, pese a ser un exercicio xa pechado, era de só o 49 por cento”.
LISTÓN MOI BAIXO.-
Para o secretario dos populares lucenses “a petición de Lago Lage de que o PP non paralice ningún proxecto importante iniciado polo bipartito na Xunta de Galicia é poñer o listón moi baixo porque poucas cousas empezaron socialistas e nacionalistas nestes case catro anos de lexislatura”.
“Só por poñer algún exemplos”, indicou Balseiro, “sería interesante que o bipartito fixera balanzo do tan publicitado plan de reequilibrio territorial que en nada se notou na provincia de Lugo, ou da política de xestión de residuos que prometeron da que tampouco hai nin rastro. Moitos concellos de máis de 2.000 habitantes seguen sen ter depuradora, consecuencia lóxica de que o ritmo de construcción de EDARs sexa a de cinco ó ano”.
Tamén fixo mención á aplicación da Lei de Dependencia. O bipartito comprometerase incluso a adiantar a aplicación da Lei en Galicia a través dun plan de choque, pero a realidade é que os grandes dependentes non foron atendidos no ano 2007 e non foi ata mediados do 2008 cando principiaron a cobrarse algunhas axudas.
Para Balseiro “o respaldo maioritario obtido polo Partido Popular na provincia de Lugo é a mellor garantía de que o PP cumplirá con Lugo e que non defraudará os seus electores”.
Suliñou neste senso que o PP gañou as eleccións en 57 dos 67 concellos da provincia e fixo mención especial ós resultados acadados na capital na que o PP subiu máis de 2,5 puntos con respecto ás autonómicas de 2005 e, pola contra, o PSOE, baixou preto de seis puntos os resultados das autonómicas de hai catro anos. “Lago Lage debería reflexionar sobre esto”, concluiu Balseiro.





















Agradeceu á Agrupación Hijos de Galicia e ao Ayuntamiento a súa acollida e puxo en valor o papel da emigración como embaixadora da vila. Rouco convidou a descubrir Vilalba e a súa identidade cultural e gastronómica, destacando produtos como o Queixo San Simón da Costa ou o Capón de Vilalba. Durante toda a fin de semana, a vila contará cun espazo propio na Praza do Kasko para promocionar os seus atractivos turísticos e reforzar a súa proxección fóra de Galicia.
Ao acto acudiron, entre outros, o patrón maior da Confraría de Pescadores de Ribadeo, Javier Martínez, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, a deputada autonómica Cristina Sanz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como directivos do RCNR. Ademais a bandeira oficial de Ribadeo xa loce no peirao.
Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



