A culpa de todo tena o ministro de Economía dixo un entre grolo e grolo de cervexa no Rincón de Arturo
-¡Non señor! dixo o ministro de Economía mentres buscaba un torresmo entre os pedazos de pan. A culpa de todo téñena os especuladores!.
-¡Mentiras! dixeron os especuladores mentres cobraban o 50 por cento en negro e o outro 50 por cento tamén en negro na venta dos pisos que construían. A culpa de todo téñena os que nos queren matar con tanto imposto.
-¡Falso! Dixo un empregado de facenda en Foz. A culpa de todo tena as grandes construtoras; eles levaron toda a pasta gansa.
-¡Pero, por favor…! dixo un empresario do sector da construción. A culpa de todo téñena os dos bancos.
¡ Calumnias! dixo un banqueiro mentres depositaba a súa nai a prazo fixo. A culpa de todo téñena os corruptos que non teñen moral.
¡ Equivócase! dixo un corrupto mentres vendía a cen euros unha enciclopedia en tomos que se chamaba “fágase rico en 15 días” pero , en realidade, só contiña páxinas en branco. A culpa de todo tena a burocracia, non sei cantos funcionarios ten o Concello de Viveiro, que fai aumentar o gasto público.
¡ Non é certo! dixo un empregado público, que chegara a tomar as 11 dende a Praza Maior, mentas cunha man rascábase os collóns e coa outra o traseiro. A culpa de todo téñena os políticos que prometen unha cousa para nós e fan outra para eles.
¡ Iso é pura maldade! dixo un concelleiro mentres preguntaba onde quedaba o edificio novo do Concello. A culpa de todo téñena os donos da terra, dos solares, que non nos deixaron nada.
¡ Patrañas! dixo un propietario destes que herdou montes e mareas mentres contaba hectáreas, A culpa de todo téñena os socialistas e os comunistas.
¡ Perversos! dixeron os do BLOQUE local . A culpa de todo tena o terrorismo.
O carallo! dixo un terrorista mentres armaba un coche-bomba para salvar a humanidade. A culpa de todo téñena os fascistas.
¡ Malvados! dixo un fascista mentres saudaba con o brazo en alto e a camisa azul remangada . A culpa de todo téñena os emigrantes.
¡ Racistas! dixo un emigrante seique rómano que se adicaba o ramo da madeira mentres miraba torcido a un Indonesio do ramo dos mareantes. A culpa de todo téñena os curas que sempre se meten no que non lles importa.
¡ Blasfemia! dixo o crego mentres fabricaba ollos de agullas como para que pasasen dez camelos ao trote. A culpa de todo téñena os científicos que cren no Big bang e non en Deus.
¡ Erro! dixo un científico mentres deseñaba unha bomba capaz de matar máis xente en menos tempo con menos ruído e moito máis barata. A culpa de todo téñena os pais que non educan os seus fillos.
¡ Infamia! dixo un pai mentres trataba de recordar cantos fillos tiña exactamente. A culpa de todo téñena os ladróns que non nos deixan vivir.
¡ Oféndenme! dixo un ladrón mentres arrebataba unha cadea a unha xubilada e, de paso, a tiraba o chan. A culpa de todo téñena os policías que teñen o gatillo doado e a man lixeira.
¡ Merda! dixo un policía mentres primeiro tiraba e despois preguntaba. A culpa de todo tena a Xustiza que permite que os delincuentes entren por unha porta e saian pola outra.
¡ Desacato! dixo un xuíz mentres ditaba pacientemente un expediente de máis de cincocentas follas que logo, o dia séguente, volvería descoser. A culpa de todo téñena os militares que sempre se creron os donos da verdade e os salvadores da patria.
¡ Negativo! dixo un cabo da Garda Civil mentres ordenaba o un numero que fose preparando bo tempo para a fin de semana. A culpa de todo téñena os mozos de pelo longo.
¡ Vostedes están como regadeiras! dixo un rapaz novo mentres pedía explicacións de por que para ingresar á facultade había que saber ler e escribir. A culpa de todo a teñen os vellos por deixarnos o país que nos deixaron.
¡ Embusteiros! dixo un señor maior mentres pregoaba que para volver ás vellas boas épocas nada mellor que unha boa guerra .A culpa de todo a teñen os xornalistas porque xunto coa noticia aproveitan para contrabandear ideas e negocios propios.
¡ Censura! dixo unha xornalista mentres, cos dedos cruzados, rezaba pola violación e o asasinato noso de cada día. A culpa de todo tena o imperialismo.
Thats not true! dixo un imperialista mentres cargaba en celeiro o seu barco un anaco de territorio co seu subsolo, o seu espazo aéreo e a súa xente incluída. The ones to blame are the sepoy, that allowed us to take even the cat.
¡ Infundios! dixo un cipaio mentres marcaba nun plano as zoas do territorio máis rendibles. A culpa de todo tena Melchor.
¡ Ridículo! dixo Melchor acostumado a estas situacións. A culpa de todo tena AJA
¡ Covardes! dixo AJA que disto tamén sabía un montón. A culpa de todo tena a xente como Otero Regal por escribir tonterías e estupideces
¡ Paren a man! dixen eu mentres me protexía detrás dunha caixa de gaséoas. Eu sei quen ten a culpa de todo. A culpa de todo tena O OUTRO.
¡ O Outro sempre ten a culpa!
¡ Iso, iso! exclamaron todos a coro. O Regal ten razón: a culpa de todo tena El Otro.
Dito o cal, despois de berrar un anaco, tomar algunhas cañas, pagar algunha ronda, falar un pouco de fútbol , marchamos ás nosas casas por ser xa a hora de cear e porque o culpable xa fora descuberto. Mentres nos iamos non podiamos deixar de pensar: ¡FOI O OUTRO!

















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



