SAN CIBRAO .- O comité de empresa da multinacional Alcoa de San Cibrao veuse obrigado a realizar a traducción ao galego o texto do último convenio colectivo debido á que os servicios de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia non o fixeron a pesar de contar cos textos para a súa traducción desde o mes de outubro do ano 2008.
Nota de Prensa
O COMITÉ DE EMPRESA DE ALCOA SAN CIBRAO ENCÁRGASE DA TRADUCIÓN DO CONVENIO
Xoves, 05 de Marzo de 2009. O Comité de Empresa de Alcoa en San Cibrao, e tal e como anunciara na Asemblea de traballadores do 26 de Febreiro entregou no prazo dunha semana o convenio traducido á dirección da empresa.
O Comité realizou a tradución do texto debido á tardanza por parte dos servizos de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia que dende Outubro de 2008 ten os textos no seu poder.
Queremos manifestar o noso descontento tanto cos servizos de normalización lingüística, como coa dirección de Alcoa por demostrar un menosprezo cara ao galego, os primeiros polo retraso, e os segundos por poñer atrancos á redacción orixinal dos textos nos dous idiomas.
Esperamos pois que non se demore por máis tempo a entrega aos traballadores e traballadoras dos libros do convenio.


























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



