LUGO .- Desde a entrada no goberno da Deputación, a Vicepresidencia Primeira está traballando nunha estruturación e reordenación que introducise cambios significativos na organización da Rede Museística Provincial, á que pertence entre outros o Museo do Mar de San Cibrao. Este traballo vai encamiñado a lograr un conxunto de centros dinámicos e atractivos para as persoas que o visiten, convertendo os museos da Rede Museística Provincial en institucións abertas ao cidadán mediante propostas activas, con proxección de futuro. Unha parte importante do esforzo que a Deputación está realizando nos tres edificios da Rede Museística e no Museo Provincial vai dirixido á obras de mantemento e arranxos que eran necesarios dende hai tempo pero que, segundo Antonio Veiga, “a desidia do anterior goberno do partido popular deixou nun lamentable estado de conservación”. Veiga referiuse tanto ao estado de conservación dos edificios como aos sistemas de seguridade que eran insuficientes.
Neste senso, a Deputación é consciente da necesidade de dotar de máis espazos ao Museo do Mar, tanto expositivos como de almacén, e salas para a organización de actividades. Porén, o goberno da Deputación considera estas opcións como moi importantes para o desenvolvemento do propio museo, sendo merecentes dun trato serio, para deste xeito evitar que o Museo do Mar se converta nunha arma de carácter político. Cómpre, polo tanto, estabelecer un xeito de actuar con cautela e serenidade con respecto a este asunto. Neste camiño, as xestións para unha posíbel ampliación do Museo deben facerse sen perder a perspectiva da forte inversión de diñeiro público que traería consigo levar a cabo un proxecto de semellante calado. Desde a entrada do novo goberno na Deputación asumiuse con responsabilidade a tarefa de administrar do mellor xeito posíbel os recursos económicos dispoñíbeis, actuando para elo coa meirande eficiencia.
Hai que lembrar que os terreos contiguos ao Museo do Mar, nos que sería susceptíbel de facer unha posíbel ampliación, son de titularidade privada, polo que haberá que ter en conta tamén a dispoñibilidade que os propietarios ofrezan para a súa venda e coñecer as súas pretensións económicas no caso de existir tal posibilidade. Neste senso Antonio Veiga informou de que os responsables da Área de Cultura da Deputación iniciaron en contacto cos propietarios dos terreos.
Tal como se viu até o de agora, todo apunta a que os métodos empregados polo anterior goberno da Deputación xunto co Concello de Cervo para a adquisición dos terreos se cadra nin foron os máis eficientes nin os máis acaídos, sobre todo na relación cos propietarios dos terreos.
Cun proceso administrativo en marcha, no que están inmersos o Concello de Cervo, a Dirección Xeral de Urbanismo e a Dirección Xeral de Patrimonio, o lóxico é que desde a Deputación só se empece a actuar no momento en que conclúa este proceso aberto, xa que en función de que aos terreos se lle outorgue unha edificabilidade ou outra as negociacións para a adquisición do terreo variarían enormemente.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



