LUGO .- A Deputación propón formar “anfitrións en visitas guiadas ” para dar a coñecer o se concello. A deputada nacionalista e delegada de Turismo da Deputación de Lugo, María Xosé Vega Buján, deu a coñecer a proposta a representantes de concellos que participan no programa “Coñece o teu concello coñece a túa provincia”. A xuntanza asistiron alcaldes e representantes dos concellos de Viveiro, Ribadeo, Monforte e Ferreira de Pantón, preseleccionados para participar “nesta primeira experiencia pilotos”outros concellos.
Nota de Prensa
Asunto : Campaña de sensibilización : “ Coñece o teu concello, coñece a tua provincia “.
A deputada nacionalista Dna. Mª Xosé Vega Buján e delegada da área de Turismo da Deputación de Lugo, reuníuse esta mañá cos alcaldes dos concellos preseleccionados para participar nesta 1ª experiencia piloto : D. Fernando Suarez Barcia ( Ribadeo ), D. Melchor Roel Rivas ( Viveiro ), D. Severino Rodríguez Díaz ( Monforte ) e D. José Luis Alvarez Blanco ( Ferreira de Pantón ).
A esta primeira reunión tamén asistiron os técnicos municipais e provinciais que farán o seguimento da campaña
O motivo deste encontro foi o de dar a coñecer aos alcaldes os contidos desta experiencia, que ten como
DESTINATARIOS persoas dinámicas e sociables de cada concello, que en caso de ser seleccionados teñan tempo para facer de anfitrións e sen límite de idade ou nivel de estudos para formar grupos de entre 12 e 20 persoas maiores de 18 anos e QUE ESTEAN INTERESADAS NA HISTORIA DO SEU CONCELLO,
e como OBXECTIVOS XERAIS que ao final da experiencia cada un dos concellos participantes conte cun grupo de persoas que poderán actuar como “ anfitrións en visitas guiadas polo concello “.
para o cal OS CONTIDOS desta campaña serán os de :
coñecer a visión que sae sempre en folletos, libros, etc do seu pobo, pero tamén o que nunca se conta nas guías e que debería de contarse.
Simulación dunha visita guiada no que cada un dos participantes aporte unha idea ou coñecemento novo que habitualmente non sae nas guias de turismo para conformar un circuito definitivo para futuras visitas guiadas.
Nesta etapa haberá un intercambio de confraternización entre os grupos dos concellos: en primeiro lugar os da Mariña visitarán a Ribeira Sacra e posteriormente os da Ribeira Sacra visitarán a Mariña. Estas visitas terán unha duración dun día .
E as actividades formativas en cada concello terán unha duración de 20 h.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



