CERVO .- O Concello de Cervo achaca a “desidia” da consellería de Cultura que non se iniciara a recuperación de Sargadelos dos danos causados polo ciclón Klaus. Desde o Concello piden desculpas aos “visitantes que puideran ter interese en achegarse a este espacio de gran importancia histórica, natural e turística nestes días festivos de Semana Santa”.
NOTA DE PRENSA
Desde o Concello de Cervo piden desculpas aos veciños e visitantes que puideran ter interese en achegarse a este espazo de gran importancia histórica, natural e turística nestes días festivos de Semana Santa
A DESIDIA DA CONSELLERÍA DE CULTURA Á HORA DE OUTORGAR A AUTORIZACIÓN RETRASA O INICIO DAS OBRAS DE RECUPERACIÓN DO CONXUNTO HISTÓRICO ARTÍSTICO DE SARGADELOS
• O Goberno municipal entende que non hai vontade por parte da Xunta bipartita por acometer con urxencia a recuperación deste espazo gravemente danado como consecuencia do ciclón Klaus, en xaneiro deste ano
• Pese as xestión do Concello de Cervo dando conta da urxencia de acometer estes traballos na Delegación Provincial da Consellería de Cultura confirman que non estudarán outorgar a autorización pertinente ata finais deste mes, de cumprirse os prazos que eles mesmos dan.
Cervo, 9 de abril de 2009.- Un dos paraxes de maior atractivo turístico da nosa comarca non poderá ser visitado nestes días festivos de Semana Santa porque aínda non comezaron as obras de recuperación do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, gravemente danado como consecuencia dos efectos do temporal Klaus do pasado mes de xaneiro. Desde o Concello de Cervo piden desculpas aos veciños e visitantes que puideran achegarse a este espazo de gran importancia natural e histórica, pois acolle os restos dos primeiros altos fornos do noso país, da antiga fábrica da cerámica de Sargadelos e un itinerario ambiental coñecido como O Paseo dos Namorados.
Desde o Concello de Cervo explican que as razóns desta inaceptable demora no inicio das obras de recuperación do contorno está en causas alleas á vontade do propio Goberno municipal. Máis en concreto, a Consellería de Cultura aínda non outorgou a autorización pertinente para que se desenvolvan as actuacións de recuperación deste espazo e reposición ao seu estado orixinal, antes de que sufrira graves danos polas fortes rachas de vento aparelladas ao temporal Klaus. Árbores arrincadas de raíz, merendeiros e balados rotos e así, un sen fin de estragos que fan un dos espazos de maior beleza da Mariña practicamente intransitable.
SEN AUTORIZACIÓN
Desafortudamente para que o Concello de Cervo poida acometer os traballos de recuperación deste espazo é preciso contar coa autorización de varias administracións: Augas de Galicia e a Dirección Xeral de Patrimonio. Os responsables deste último departamento que depende da Consellería de Cultura, parecen non ter vontade de acelerar o outorgamento deste permiso ,a pesar de que desde o Concello de Cervo se lles remitiu con urxencia un escrito solicitando o devandito permiso e se fixeron as xestións oportunas para requirir a celeridade na concesión desta autorización. Lonxe do que cabía esperar, varios responsables da Delegación da Consellería de Cultura en Lugo confirmaron que, con toda probabilidade, non será ata finais de mes –de cumprise os prazos que eles mesmos manexan- ata cando se reúnan en Cultura para dar o visto e prace á devandita autorización. Un tempo durante o cal as obras non poden comezar e o Conxunto Histórico Artístico non pode ser visitado.
DESIDIA NA XUNTA BIPARTITA
Ata o momento a desidia ten caracterizado a actuación dos actuais responsables da Xunta bipartita con respecto ao arranxo dos estragos de Sargadelos. Se nun primeiro momento alá polo mes de xaneiro o propio Presidente en funcións da Xunta, Emilio Pérez Touriño, amosou o seu compromiso de asumir a través da Consellería de Presidencia o custe de recuperación deste espazo, non foi ata o pasado mes de abril cando, despois de innumerables denuncias do Concello de Cervo, preocupado pola demora no inicio destes traballos, decidira a fórmula de colaborar na recuperación deste espazo: A Consellería de Presidencia asumirá o custe destas obras a través da sinatura dun convenio co Concello de Cervo. Pola súa parte, o Goberno Municipal comprométese a dirixir as obras conforme a un proxecto redactado por TRAGSATEC unha empresa especialista neste tipo de traballos. Como condición previa ao inicio destas actuacións é imprescindible contar coa autorización doutras administracións, como xa adiantamos. Entre elas está a Consellería de Cultura que, dun xeito inaceptable e irresponsable, está a demorar aínda máis o inicio das obras por non outorgar a autorización pertinente.
OBSTÁCULO
Segundo o Concello de Cervo parece máis que evidente que non hai vontade por parte da Xunta de Galicia para levar adiante estas actuacións. Debera terse logrado un compromiso firme xa fai meses e deberan ter actuado con certa urxencia para acelerar os trámites administrativos previos. Non podemos dicir que desde a administración autonómica se actúe como un aliado na recuperación deste espazo e, polo tanto, centos e centos de visitantes que poderían achegarse ata Sargadelos nestes meses o único que tiveron a oportunidade de ver é un espazo cun aspecto desolador. De aí que sigamos, incansablemente, denunciando ante a opinión pública esta situación e reclamando que, na medida do posible, saiban desculpar o seu estado, porque desde o Concello de Cervo fixemos todo o posible, malia que a actual Xunta converteuse nun obstáculo.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



