NOTA DE PRENSA
OGMPP considera “impresentable” que a bionda da estrada Burela-San Cibrao, siga sin arreglar.
Luis Pedre afirma que o PP denunciou esta situación hai sete meses.
O concelleiro popular considera que tanto o alcalde coma a Diputación son uns “irresponsables”.
O GMPP de Burela manifestou hoxe mediante unha nota de prensa do seu concelleiro Luis Pedre que é de todo punto “impresentable” que a bionda da estrada Burela-San Cibrao na súa marxe dereita teña tramos en mal estado, especialmente un entre as praias de Ril e A Marosa, que presenta un estado de enorme risco tanto para os vehículos coma para os peóns, especialmente para os motoristas. A estrada é de competencia da Deputación Provincial e tén un gran volume de tráfico rodado e de circulación de peatóns.
Pedre denunciou que esta situación leva así mais de sete meses, e foi denunciada polos populares xa en Outubro de dous mil oito nunha sesión plenaria municipal celebrada ese mesmo mes. Para Pedre, esto demostra que tanto o alcalde coma a Deputación son uns “irresponsables”, porque despois de sete meses non adoptaron ningunha medida para arreglar a bionda.
Pedre rematou decindo que eso demostra dúas cousas, que o alcalde non se caracteriza pola resolución de problemas que afectan os cidadáns, e que a Deputación tén pouca querencia por Burela.


















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



