NOTA DE PRENSA
O BNG QUERE SABER EN QUÉ OBRAS SE INVESTIRÁN PRETO DE 300.000 EUROS QUE NOS ORZAMENTOS DE 2008 SE DESTINAN A ÁREAS RECREATIVAS, LOCAIS SOCIAIS E ALUMEADO PÚBLICO SEN DETERMINAR.
Barreiros, 7 de abril de 2009. O BNG de Barreiros demanda explicacións obre o nivel de execución dos orzamentos de 2008, en concreto preguntaron no último pleno por unha partida de 129.000 euros destinada a áreas recreativas e locais sociais sen determinar e por outra de 90.000 euros para a extensión do tendido eléctrico. Antonio Veiga sinalou que “o noso grupo interesóuse por cal era o nivel de execución dos orzamentos de 2008 e ao mesmo tempo tamén queremos saber si este ano por primeira vez se van presentar en praza, en tempo e forma os orzamentos de 2009”.
O voceiro nacionalista contou que “nós o que queríamos saber era o nivel de execución de determinadas partidas referidas a inversións, xa que nos orzamentos de 2008 había unha partida de máis de 129.000 euros para áreas recreativas e locais sociais sen determinar. Nós o que pretendíamos era que desde a alcaldía se nos aclarara en pleno cales son esas áreas recreativas que se van realizar ou mellorar e cales son os locais sociais nos que se van investir eses cartos”. Veiga Outeiro considera que “desde logo que sí que hai necesidades en varias áreas recreativas do concello e incluso algúns lugares son susceptibles da creación dunha nova área recreativa, como poden ser ao longo da N-634 aqueles pedazos de estrada abandoados. Refírome aos casos de Pozomouro ou de O Pedrón, eses espazos que quedaron sen estrada ao facer un novo trazado (estamos falando de 20 anos atrás) pois son auténticos focos de maleza e de depósitos de todo tipo de cousas, entón sería bó que se actuara aí en convenio con Fomento ou coa Demarcación de Estradas que son os propietarios deses treitos de estrada antigos e sería bó tamén que desde a alcaldía se nos dixera si se ía actuar ou non, pero non se nos aclarou nada nese pleno”.
Os nacionalistas tamén queren ter máis datos sobre unha partida de 90.000 euros “destinada a extensión do tendido eléctrico en varias parroquias e tampouco se precisou cales ían ser as beneficiadas. E eso sí que nos preocupa a nós, porque acostuman a facerse tendidos eléctricos de alumeado público nas parroquias sen moito criterio e non o decimos nós senón que o din os veciños todos os días. Dase o caso de que hai lugares case nada transitados que contan con moitísima iluminación e outros que sí que son transitados e que están sen ela”.
Antonio Veiga engadiu que “eses case 300.000 euros sería moi bó que desde a alcaldía de Barreiros se aclarase onde se ía actuar porque estamos falando de 50 millóns das antigas pesetas que ben empregados daban para alumeados públicos en condicións e tamén para adecentar áreas recreativas”.

















A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.



