RIBADEO (FNC) .- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, descubría esta mañá o baixorrelevo que xa loce no porto de Porcillán en homenaxe a Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo, o que fora presidente do Goberno, alcalde honorario, fillo adoptivo e Marqués da Ría de Ribadeo. O acto contou coa presenza do presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, o subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, ademais de alcaldes da Mariña e do Occidente asturiano, deputados e senadores.
O rexedor de Ribadeo, Fernando Suárez, dixo no seu discurso que “agás as obrigas derivadas do cargo don Leopoldo camiñaba polas nosas rúas coma un veciño máis” e destacou o seu amor pola ría de Ribadeo “non naceu nesta vila, tampouco fixo aquí vida cotiá, pero si soubo abrirse un oco entre nós; quen sabe se levado polo engado do Ribanova do seu pai, ao mellor pola bravura do nordés ou a loucura calorosa do envolvente vendaval; desde logo que seguro atraido pola maxia das nosas rúas, do vello Ribadeo, do enfeitizo dos arcos da praia das Catedrais e do misterio da dos Castros e das Illas, e o acubillo da de Rocas Brancas. As sendas entre o Eo e o Navia, a praia de Arnao, a singularidade de Castropol ou A Veiga, tamén tiveron un oco no seu pensamento”.
O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, salientou que Calvo-Sotelo foi sempre o mellor embaixador de Ribadeo, da comarca da Mariña e da provincia de Lugo polo mundo.
Despois interveu Víctor Calvo-Sotelo que agradeceu as achegas económicas realizadas polos veciños de Ribadeo, por amigos da familia e mesmo polas institucións para costear a baixorrelevo que lembra ao seu pai no porto de Porcillán. Víctor Calvo-Sotelo incidiu no amor que o seu proxenitor sentía pola ría pola que navegaba de xeito habitual no seu Juanín, un amor que lles inculcou tamén aos seus fillos e aos seus netos.
E o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pechou o acto aludindo á amistade que mantén coa familia de Leopoldo Calvo-Sotelo, en especial cos seus fillos Víctor e Leopoldo; destacou o papel que o ex presidente tivo na democracia e fixo unha comparación entre o Marqués de Sargadelos e o Marqués da Ría de Ribadeo, ademais de adicar unhas palabras aos netos do que fora alcalde honorario desta vila.




















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



