Nota de Prensa
Apoio manifestación da lingua.
O BNG amosa o seu total apoio á mobilización convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística para este domingo, 17 de maio, en defensa da lingua galega. O BNG fai un chamamento á participación de toda a militancia e simpatizantes na manifestación que sairá ás 12:00 horas da Alameda de Compostela. A fin de facilitar o desplazamento daquelas persoas que queiran acudir, habera autobuses desde o conxunto das localidades da Comarca podendo apontarse chamando aos telefonos 982581861 ou ao 982140654.
Dende o BNG rexeitamos a política contra o galego que está por en marcha o novo Goberno do Partido Popular, unha estratexia que obedece á dereita máis reaccionaria e centralista de Madrid e ás súas organizacións satélites en Galiza.
Neste sentido, animamos a toda a sociedade galega a manifestarse este domingo contra a derrogración do Decreto 124/2007 que pretende o novo Goberno do PP. Os dados reflicten unha continúa perda de falantes na nosa lingua, en especial na mocidade, e un incumprimento do número de horas mínimas en galego no ensino. Por iso, temos que esixir que se aplique o Decreto, para que os nenos e negas poidan aprender o galego, manténdoo vivo cara ao futuro.
Contra o mito que algúns espallan, o noso idioma non se está a impoñer, pola contra contra está en situación de inferioridade xurídica e social fronte ao español. As mentiras do PP e das súas organizacións non teñen nada que ver coa realidade: queren invertir o papel de opresor e oprimido: é a lingua galega a que está submetida ao español, a que sofre un patente proceso de substitución lingüística, a que segue estando marxinada nos medios de comunicación, na xustiza, no cine, na nosa vida diaria. Reparemos sençon nos recentes casos de discriminaciçon linguçistica que se deron recentemente na capitania de Burela. As dificultades para vivir en galego son constantes, e agora o PP quere impedir que as xeracións futuras poidan medrar en galego.
Non llo imos permitir! Este domingo acudamos todos e todas a Compostela para defender a obra máis prezada do pobo galego: a nosa lingua!



















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



