Nota de Prensa
Os nacionalistas presentaran iniciativas en todos os Concellos da Mariña de apoio ao sector
O BNG esixe un apoio decidido ao sector lácteo
A forte crise que está a atravesar o noso sector lácteo está moi relacionada co reparto da cota da UE contrario aos nosos intereses, así como coa recente aprobación do incremento lineal da mesma, e prácticas de “dumping” e competencia desleal. A aprobación do “Recoñecemento Médico” da PAC introduciu reformas na regulación do sector lácteo, que avanzan cara a liberalización das cotas de producción no horizonte de 2015.
O BNG pulará no Parlamento Europeo para que se arbitren políticas que permitan que as explotacións lácteas de Galiza manteñan a súa viabilidade. Para acadar este obxectivo, o BNG orientará a súa actuación en función do desenvolvemento das disposicións relativas ao sector lácteo, defendendo, seguindo dita evolución, as seguintes medidas:
De xeito máis inmediato, o BNG defenderá no Parlamento Europeo que se reconsidere o acordo de proceder a un incremento lineal da cota para todos os Estados Membros, de xeito que o aumento da cota se dirixa unicamente a aqueles Estados que teñen unha cota moi inferior ao seu consumo interno; e nos que existen segmentos importantes de explotacións, como é o caso de Galiza, que necesitan máis cota para ser viábeis e que veñen demostrando vocación de permanencia e crecemento no sector.
Tendo en conta que a Comisión presentará senllos informes sobre a evolución do mercado lácteo en 2010 e 2012, o BNG defenderá que se reconsidere a decisión de eliminar os mecanismos de control da producción e que se redefina o sistema de cotas no sentido de manter a asignación de dereitos de producción a nivel da UE, mais realizando unha redistribución dos mesmos entre Estados Membros, tendo en conta o balanzo producción/consumo dos diferentes Estados e criterios de carácter social.
No caso de que se avance na eliminación do sistema de cotas lácteas e se afonde na liberalización do sector, defenderemos a creación con recursos comunitarios dun Fondo Lácteo de carácter transitorio e excepcional, destinado apoiar economicamente a viabilidade das explotacións con perspectivas de continuidade, mais que poden ver lastradas as súas posibilidades de competir en función das desvantaxes comparativas que tiveron que superar pola escasa asignación de cotas de producción, especialmente no caso dos territorios cun maior grao de dependencia do sector lácteo. Dun xeito especialmente singular para o sector lácteo, o BNG defenderá que na OCM se manteñan mecanismos de intervención públicos no mercado que resulten eficaces para suavizar as oscilacións de mercado e evitar situacións de crise que poidan ter un forte impacto social.
O Bloque Nacionalista Galego considera ao sector lácteo como a columna vertebral do noso medio rural polo tanto urxe un compromiso decidido das administracións e das forzas sociais e políticas que garantan a supervivencia do sector e que pernita continuar coa actividade. Neste sentido queremos expresar o noso apoio e solidariedade as medidas de presións que se estan a desenvolver desde o sector, conscientes que tras das mesmas non se agocha un problema de orde público senón unha problemática económica moi crítica.


















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



