RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, agarda poder rehabilitar varias vivendas no casco vello na zona de Cabanela para alugarllas á xente moza. Éste foi un dos asuntos que saiu á luz no tempo de rogos e preguntas durante o pleno celebrado onte no Concello. O rexedor aludiu a ese rogo “sobre a situación dunha serie de inmobles dunha parte do casco vello que se atopa bastante degradada, que é a zona de Cabanela, onde está o auditorio ao aire libre e que hai unhas vivendas que están cheas de maleza e de silvas desde hai anos. E eu desvelei todos os trámites que nos últimos dous anos estivemos facendo desde o Concello e a Xunta anterior, a través da Consellería de Vivenda, e o Bispado”.
Fernando Suárez sinalou que “hai xa tempo que Vivenda adquiriu un inmoble, daquelas vivendas que teñen un corredor pola parte baixa que era por onde a xente subía coas lanchas e era un acceso do casco vello hacia o mar e que agora está totalmente tapado. A Xunta adquiriu unha desas vivendas, hai outra que é propiedade do Concello e dúas máis que son propiedade do Bispado. As nosas xestións serviron para que a Xunta tentara negociar e así o fixo co Bispado de Mondoñedo-Ferrol e chegar a un acordo económico con Vivenda para tamén entregar esas dúas vivendas e así poder rehabilitar ese grupiño de inmobles para aluguer para xente moza e ao mesmo tempo serviría para recuperar toda esa zona degradada que é a de Cabanela”. O alcalde ribadense dixo que “agora o goberno da Xunta cambiou e agardo que o goberno actual continúe con esa colaboración entre o Bispado e Vivenda para que eso se poida recuperar nun período de tempo razoable e que non teñamos que cumprir con estes rogos que se nos facían desde a oposición, razonables ao mesmo tempo, de ter que tapiar todo aquelo debido ao estado lamentable no que se atopa”.
Vivendas dos profesores
Outro rogo que “nos facían tamén membros da Corporación municipal era o relativo ao estado das aceras da rúa Francisco Lanza, sobre todo no lado onde están as vivendas dos profesores. E tamén aí agardamos que o goberno autonómico leve adiante a idea expresada xa en acordo plenario de cesión dos terreos das vivendas dos profesores do edificio máis grande (o que ten 3 alturas) para construir unha galescola. Non sei si a Xunta lle vai chamar agora galescola, escola infantil ou como lle vai chamar, pero o caso é que o fagan porque hai unha demanda enorme. A ampliación que se fixo da gardería pública hai aproximadamente hai dous anos, grazas ás nosas xestións, agora é insuficiente porque Ribadeo ten afortunadamente moitos nenos e moitas nenas que necesitan esta escolarización de 0 a 3 anos. Polo tanto confío en que a nova Xunta prosiga con esa idea”, seguiu a explicar o alcalde.
Fernando Suárez engadiu que “ao mesmo tempo tamén tendín a man a todos os grupos políticos para unánimemente unha vez máis pedirlle á Consellería de Educación que lle entregue ao Concello aqueles inmobles que non foron entregados nesta última remesa. Son as vivendas dos profesores máis baixiñas que están nunha situación lamentable de abandono absoluto e que forman parte do patrinomio de Educación, pero que foron do Concello hai moitos anos. Queremos que nolos entreguen porque pode haber multitude de ideas de cara a actuacións sociais, culturais, educativas e deportivas que se poden facer con todas esas parcelas. A Corporación asentiu con esta idea e agardo que nun pleno cercano poidamos acometer outra petición unánime para ver si a Consellería de Educación é sensible á petición do Concello”.
Plan de servizos sociais
O alcalde de Ribadeo apuntou que “o máis destacado do pleno de onte foi a unanimidade de todos os grupos de cara a pedir o que é financiación á Xunta para o Plan Concertado de Servizos Sociais. O que pretendemos manter é a liña que se ven levando adiante nestes últimos anos, grazas ao cal a Xunta anterior nos apoiou moito en canto a axuda a domicilio, en canto a axuda a dependencia, en canto a mellorar servizos para poder dobrar o persoal que atende aos dependentes. E a maiores tamén nesta planificación que lle fixemos á Xunta levábamos por primeira vez o que son as axudas ao Hospital Asilo dado que agora despois da aprobación deste regulamento que a Corporación levou adiante hai uns tres meses, o Concello tamén pode pedir. E agora esperaremos a ver si a Xunta se compromete tamén nas axudas ao Hospital Asilo para que a congregación relixiosa que o leva poida mellorar os servizos ou ampliar os servizos que lle están prestando á xente que alí está a ser atendida”.




















A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.



