RIBADEO .- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijo, na súa intervención, durante a homenaxe a Calvo-Sotelo, asegurou que “para a xeración que asume nestes tempos as responsabilidades do poder, o exemplo de Leopoldo Calvo-Sotelo é imprescindible”.” A intervención de Alberto Nuñez tivo lugar o domingo durante o acto no que se descubriu en Ribadeo un baixorrelevo que recorda ó ex presidente do goberno do estado.
FONTE
Intervención do Presidente da Xunta de Galicia
Acto de homenaxe a D. Leopoldo Calvo Sotelo
Ribadeo, 3 maio de 2009
Autoridades presentes, amigas e amigos: a miña presenza neste acto obedece a unha tripla e grata obriga. Estou obrigado en primeiro lugar pola miña condición de presidente da Xunta de Galicia, unha terra que Leopoldo Calvo-Sotelo amou, unha terra na que repousa para sempre, e que o fixo feliz na compaña de toda a súa familia e a boa xente de Ribadeo. Teño tamén un deber que comparto cunha xeración de españois que nos momentos culminantes da transición eran demasiado novos para valorar toda a súa transcendencia, e que hoxe atopan nese período da nosa historia unha fonte permanente de orgullo e inspiración. Finalmente, estou aquí como amigo da súa familia, e en especial dos seus fillos, especialmente de Víctor, quen me substituíu como presidente de Correos.
A mellor descrición da peripecia vital de Leopoldo Calvo Sotelo fíxose anticipadamente hai moitos séculos nese Cantar del Mío Cid que narra as venturas e desventuras do heroe lendario. “Qué buen vasallo, si tuviera buen señor”, dise para loubar a Rodrigo Díaz de Vivar. Podería dicirse algo semellante do home que lembramos hoxe. Qué gran presidente se tivese unhas boas circunstancias ao seu redor. Non as tivo, e sen embargo, a impronta que deixa convérteo nunha figura clave, noutro heroe case lendario, daquela democracia nacente.
A lectura da súa Memoria Viva de la Transición axuda a imaxinar as adversidades coas que tiña que enfrontarse nese tempo turbulento. El as describe co mesmo espírito deportivo co que navegaba pola vosa ría, e coa mesma digna Soedade coa que queda inmortalizado nesta obra escultórica. Pero hai un aspecto dese relato que nos proporciona unha lección que ten plena vixencia. O peor inimigo de Calvo Sotelo é a desunión. A súa brillantez e o seu patriotismo chocan cun Goberno dividido e unha organización política entregada a cerimonias fratricidas. Don Leopoldo tiña magníficas ideas para o presente e o futuro do seu país; algunhas prosperaron malia todo; e outras se afundiron lastradas pola falta de unidade.
Los desafíos que hoy tienen Galicia y España son diferentes, pero la unidad en la acción de gobierno sigue siendo igual de necesaria. Para la generación que asume en estos tiempos las responsabilidades del poder, el ejemplo de Leopoldo Calvo-Sotelo es imprescindible. Nos enseña el valor de las convicciones. Nos previene contra el aislamiento del gobernante que desoye el fluir de la calle, lo que él llamaba complejo de La Moncloa. Nos instruye sobre la necesidad de concebir los gobiernos como equipos coordinados. Nos habla de la importancia de que el dirigente esté atento a la evolución de la sociedad, sin anclarse en dogmatismos.
También nos ilustra, amigas y amigos, sobre el valor añadido que supone ser gallego en la política. Recurriendo a su querido Cunqueiro, la política es un laberinto habitado, dónde nadie se orienta mejor que el hijo de esta tierra. De raíces gallegas es Adolfo Suárez. Gallego completo es Pío Cabanillas. Y gallego en fin es Calvo-Sotelo. La transición pivota sobre tres hombres que llevan en los genes esa predisposición al acuerdo tan típica de nuestro paisanaje. Ellos fueron tres grandes pontífices, en la acepción etimológica del término. Construyeron puentes para unir las dos orillas. Quién sabe si la inspiración política no le vino a don Leopoldo contemplando una ría que, en definitiva, no es río ni mar, sino un pacto entre ambos.
Sí, yo creo que las musas de la democracia lo visitaban en este lugar, a través del paisaje, del mar y de la gente. Con un exceso de crítica hacia sí mismo, dijo en una ocasión que “no ha sido la menor de mis desventajas en la política, el hecho de haberlo aprendido casi todo en los libros”. Tomás de Aquino temía al hombre de un solo libro, pero no es el caso de Calvo Sotelo, lector y escritor por el que pasaron todas las corrientes de pensamiento de su tiempo. Pero es que además Ribadeo es testigo de su gusto por la conversación, de su carácter accesible. Quienes lo trataron pueden dar fe de que sus quejas sobre el aislamiento de La Moncloa, reflejaban lo esencial de su forma de ser.
He ahí otra enseñanza para quienes en la actualidad nos adentramos en el laberinto cunqueiriano. La mejor brújula es el pueblo. La mejor norma consiste en practicar esa máxima que inspira toda la transición democrática, y que don Leopoldo aplica con maestría en todas las etapas de su vida pública. Hacer políticamente normal, lo que en la calle es normal. El éxito de la singladura que emprendió aquella generación de políticos, se resume en la cercanía con la España de entonces. Nuestro acierto en periodos complicados como éste, dependerá de que la proximidad con la Galicia y la España de hoy, no se vea nunca truncada.
Amigas e amigos; neste tempo difícil que vivimos, precisamos de faros que nos orienten. Vémonos como don Leopoldo a bordo do seu Juanín, buscando referencias que nos axuden a chegar a porto. Pois ben; esta terra que nos acolle nos proporciona o exemplo de dous homes, unidos pola conmemoración dos seus pasamentos. Aínda que os separan dous séculos, están vencellados polo espírito ilustrado, polo seu carácter emprendedor e sobre todo, pola súa querenza por estes lugares.
O marqués de Sargadelos é un adiantado da revolución industrial. Supera prexuízos e medos, para demostrar con feitos que non existe illamento xeográfico nin maldición ancestral que impida o desenvolvemento dun país. Podémolo imaxinar aquí connosco dándonos ánimos para superar os retos que a crise nos impón. Axudados polo realismo máxico de Cunqueiro, tamén podemos sentir o alento de don Leopoldo, protagonista da mais fermosa aventura democrática de España. Velaí dous faros que deberemos seguir.
Amigas e amigos; a presenza de tanta xente aquí, o aprecio que esta vila sinte e demostra pola figura de Calvo-Sotelo e maila súa familia, desmenten aos que pensan que a ingratitude é o único pago que recibe un político. Don Lepoldo é admirado e querido. Ribadeo, Galicia e España saben que somos o que somos grazas a el e a outros coma el. Cando pasen os anos, e queden moi lonxe estes tempos, a este presidente da Xunta que lles fala gustaríalle poder merecer dos seus, só un pouco dese inmenso afecto que recibe Calvo-Sotelo. Seria a proba de que aprendín algunha das grandes leccións de don Leopoldo. Moitas grazas.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



