BURELA (FNC) .- A Delegación de Benestar Social e Igualdade de Burela, da que é responsable a nacionalista Neves Cando, ven de reclamarlle á xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar unha entrevista para analizar con carácter de urxencia a acometida das obras previstas para arranxar a cuberta da galescola. Neves Cando lembra que “a comezos deste ano, dada a deixadez dos gobernos do PP de Burela con respecto ás deficiencias da cuberta da escola infantil que xa mostraba claros deterioros aos dous anos de construida e a raíz dos afectos do temporal de xaneiro, procedéuse desde o Concello ao arranxo provisional destas goteiras, pero a necesidade dun cambio da cuberta é incuestionable”.
A edil nacionalista engade que “desde os servizos técnicos municipais envióuse en novembro do ano pasado un informe sobre as deficiencias desta cuberta e en decembro técnicos do Consorcio Galego fixeron unha visita ás instalacións para supervisar todas as dependencias e no seu informe apúntase literalmente o seguinte: será necesaria a revisión e reparación completa da cuberta co fin de solucionar os problemas de filtracións de auga ao interior do edificio que producen pingueiras en varios varios espazos do mesmo”. Neves Cando segue a relatar que “cando en febreiro deste ano 2009 se reuniu a comisión mixta de seguimento do convenio entre o Consorcio e o Concello de Burela, por parte do Consorcio se fixo constar na acta da reunión que as obras do tellado se iniciarían no verán para interrumpir o menos posible a actividade escolar, quedando pendente informar á dirección da galescola e ao Concello da data de comenzo das obras e da súa duración”.
Reclamacións en campaña
A responsable de Benestar Social e Igualdade sinala que “a día de hoxe nada sabemos das intencións do Consorcio de cando e como acometer estas obras e parécenos urxente tomar medidas xa para realizalas durante o verán. En febreiro deste ano, en plena campaña electoral, os señores Balseiro e Barcia do PP urxían a realización destas obras dada a magnitude das deficiencias, agora gobernando o PP na Xunta tócalles cumprir, e despois de dous meses de goberno a Xunta está paralizada e obras da urxencia e necesidade destas da nosa galescola deberían estar xa en fase de solución e sen embargo nada sabemos”.
Neves Cando apunta que “agora nos meses de xullo e agosto comenza o período vacacional da maioría dos pais e nais da nosa galescola e é o momento ideal para acometer esas obras e así non interrumpir o desenvolvemento normal das súas actividades. Así se comprometeu o anterior executivo da Xunta e así agardamos o fagan os novos responsables porque senón ¿qué lles dirán aos pais e nais de Burela?. Daquela o PP de Burela reclamaba o arranxo urxente destas instalacións ¿qué fai agora que non o cumple?. Non podemos agardar máis, o compromiso desta obra xa está feito, agora só fai falla poñela en marcha e desde aquí instamos ao Consorcio a responsabilizarse dos seus compromisos e a cumprir o prometido”.






















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



