SANTIAGO .- 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente. Na loita contra a crise ambiental de dimensións planetarias, ninguén pode ficar á marxe. Debemos artellar propostas comezando dende o eido local para conquerir reducir os efeitos perniciosos do cambio climático, diminuir a nosa pegada ecolóxica e frear a deterioración dos recursos naturais e a perda da biodiversidade. Todos e todas debemos reaxir e asumir estes obxectivos, comezando por esixir ás administracións unha mudanza substancial das políticas públicas para incoporar criterios e indicadores de sustentabilidade, con compromisos reais cuantificábeis e temporalizados. Cómpre tamén integrar transversalmente un novo enfoque sustentábel nas políticas sectoriais, máis aló da política ambiental para evitar que, outra volta, sexa a natureza a que acabe pagando as consecuencias da crise. Baixa o Manifesto
ADEGA celebra o Día Mundial do Medio Ambiente
Relacionado
-
Presentado o Sistema Integral de Calidade Turística en Destino na Mariña
-
O goberno local de Viveiro demándalle unha vez máis a Portos de Galicia o arranxo do firme do peirao
-
Fran Cajoto demanda lealdade institucional a Portos de Galicia e á Xunta despois de decatarse pola prensa das accións do ente autonómico no seu municipio