CERVO .- Asuntos Sociais do Concello de Cervo programa actividades sen difinir para nenas e nenos de 4 a 10 anos que se realizaran nos meses de xullo e agosto, en horario de 10:00 a 12:00 h, na Casa da Cultura de San Ciprián e no Ecomuseo de Cervo. O prazo para inscribirse remata o día 30 de xuño.
Nota de Prensa
ACTIVIDADES VERÁN 2009
A concelleira de Asuntos Sociais, dona Pilar Armada Carrete, informa das actividades do verán 2009 para os nenos/as do Concello de Cervo :
As actividades, impartidas por Susana Souto, realizaranse nos meses de xullo e agosto, en horario de 10:00 a 12:00 h, en grupos e nos lugares que de seguido se relacionan:
Luns, na Casa da Cultura de San Ciprián . Actividades para nenos/as de 7 a 10 anos.
Martes: no Ecomuseo de Cervo . Nenos/as de 4 a 6 anos.
Xoves: no Ecomuseo de Cervo . Nenos/as de 7 a 10 anos.
Venres: na Casa da Cultura de San Ciprián . Nenos/as de 4 a 10 anos.
O prazo para inscribirse nas actividades verán 2009 remata o día 30 de xuño.