NOTA DE PRENSA
Arredor de 2.200 barcos galegos poderían quedar condenados á invisibilidade administrativa e ao cese da actividade ao non poder cumprimentar o complicado e longo procedemento no prazo de dous anos establecido pola lei estatal que está a piques de rematar
O PPdeG RECLAMA AO GOBERNO CENTRAL A CREACIÓN DUNHA MESA DE DIÁLOGO CO SECTOR PARA DAR SOLUCIÓN ÁS PROBLEMÁTICAS XURDIDAS NO PROCESO DE REGULARIZACION DAS EMBARCACIÓNS DE BAIXURA
• Esta mesa de diálogo tería por obxecto abordar e asegurar a uniformidade e coherencia dos requisitos legais da regularización e das súas consecuencias administrativas para os barcos.
• O portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro, salientou esta mañá que o Goberno bipartito “non fixo o suficiente para solucionar este problema, malia ser plenamente consciente del e ser informado en múltiples xuntanzas co sector das dificultades que estaban a xurdir no proceso de regularización das embarcacións”.
Santiago, 18 de xuño de 2009.- O Partido Popular de Galicia presentou unha iniciativa no Parlamento a través da que vén de facer unha dobre reclamación: que se amplíe o prazo para a regularización das embarcacións pesqueiras e que se cree unha Mesa de Diálogo entre as administracións e o sector co gallo de ofrecer solucións prácticas ás problemáticas xurdidas no proceso de regularización. A Lei do Estado 9/2007, de 22 de xuño, obriga a todos os titulares destas embarcacións a actualizar e corrixir os datos de varios rexistros de buques e censos pesqueiros de maior importancia. O prazo outorgado para o cumprimento da dita esixencia quedou fixado pola lei en dous anos.
O portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro, advertiu esta mañá en rolda de prensa de que arredor de 2.200 barcos galegos poderían quedar condeados á invisibilidade administrativa e ao cese da actividade ao non poder cumprimentar o complicado e longo procedemento no prazo de dous anos establecido pola lei estatal que está a piques de rematar. “Hoxe contabilízanse por milleiros as embarcacións que aínda están sen regularizar ou que iniciaron o longo proceso de regularización sen poder aínda rematalo”, salientou Balseiro, quen remarcou que o Grupo Popular “non se resigna co feito de que unha parte tan importante da flota artesanal galega estean condenadas á irregularidade debido ás rigorosas e complicadas esixencias administrativas impostas pola lexislación vixente”.
Co fin de que a solución non quede no aspecto puntual de ampliar o prazo para a regularización, o PPdeG demanda a creación desa Mesa de Diálogo, que tería por obxecto abordar e asegurar a uniformidade e coherencia dos requisitos legais da regularización e das súas consecuencias administrativas para os barcos.
Tras resaltar que a situación actual “non debera producirse”, o deputado popular apuntou que as dificultades no proceso de regularización xa eran coñecidas tanto por parte do Goberno socialista de Zapatero “como polos anteriores xestores da extinta Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos”. Sen embargo, engadiu, “nada se fixo, ou non o suficiente” para ofrecer solucións prácticas.
Nese sentido, o portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular, salientou que o Goberno bipartito “non fixo o suficiente para solucionar este problema, malia ser plenamente consciente del e ser informado en múltiples xuntanzas co sector das dificultades que estaban a xurdir no proceso de regularización das embarcacións”.
INDIFERENZA E XORDEIRA ANTE OS PROBLEMAS
Agora cómpre, para o PPdeG, “instar ao Goberno de Zapatero a que corrixa, malia que sexa in extremis, unha situación que eles mesmos contribuíron a crear coa súa indeferenza e coa súa xordeira ante os problemas que estaban a xurdir”. Con ese fin, ademais de instar á ampliación do prazo para a regularización das embarcacións, os populares insisten tamén na necesidade de que o Executivo de Zapatero cree unha mesa de diálogo co fin de abordar e asegurar a uniformidade e coherencia dos aspectos legais da regularización e das súas consecuencias administrativas para os barcos. Nesa mesa deberan participar tanto os representantes do sector pesqueiro como o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e outros axentes como a Dirección Xeral da Mariña Mercante e a propia Consellería do Mar. Trátase, explicou Balseiro, “dunha mesa de diálogo multisectorial e plural” que permitiría “detectar cáles son os obstáculos e as dificultades administrativas que están a xurdir”, xa que a ampliación do prazo, con ser necesaria, “non é a solución definitiva”.
O deputado popular quixo deixar claro que o seu partido non está en contra do obxectivo da lei, xa que “é importante corrixir os datos erróneos que constan no censo da flota pesqueira operativa e no rexistro de buques e empresa navieiras”. Sen embargo, malia ser necesarios eses instrumentos do Estado, “todo ese proceso non se pode facer a carón da realidade, dun xeito despótico e sen ter en conta a dificultade de achegar moitos dos requisitos que se precisan para proceder á regularización”, obstáculos que se suman “á crise que xa de por si está a afectar ao sector pesqueiro”.
“A Administración pesqueira non pode ser un xigante burocrático que condene a unha gran parte da nosa flota á marxinalidade administrativa ou á invisibilidade legal”, apuntou Balseiro. Así, a proposta do Grupo Popular busca “responsabilidade, flexibilidade e coherencia”, para garantir a continuidade da actividade da flota e dos postos de traballo a ela vencellada, desde o convencemento de que “nin as normas nin a Administración teñen sentido se non é para contribuír a mellorar a situación e as condicións das xentes do mundo do mar”.























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



