XOVE .- Na noite o martes está previsto que en Xove insiran un paso prefabricado debaixo da vía do tren co fin de abrir un novo acceso ao burgo de Regosanguento na parroquia de A Rigueira. O Alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, acompañado de responsables da construción, visitaron a obra que conta cun presupostos de 415.775 euros.
Nota de Prensa
O ALCALDE VISITA AS OBRAS DO NOVO PASO SUBTERRÁNEO CARA REGOSANGUENTO
O Concello de Xove está a realizar unha importante obra de acceso á Parroquia de A Rigueira. Trátase da abertura dun novo paso subterráneo de acceso ao burgo de Regosanguento na Parroquia de A Rigueira.
Dende hai moitos anos, concretamente dende que se construeu a via de FEVE ahí cáseque 50 anos, cóntase cun pequeno paso de acceso a Regosanguento, o cal vai por debaixo da vía do tren e polo mesmo só cabe un vehículo, tendo que realizar unha pronunciada curva, o cal presenta un alto nivel de perigosidade.
A obra que se está a executar, e que o Alcalde, acompañado do Aparejador Municipal e o responsable da empresa Puentes y Calzadas que executa a obra, acaba de inspeccionar, consiste en abrir un novo paso por debaixo da vía do tren que presenta dúas diferencias fundamentais con respecto ao antigo: por un lado elimínase cáseque completamente a curva do paso, e por outro, amplíase o acceso, xa que vaise contar cun ancho de 6 metros e un gálibor (altura de paso) de 4´30 metros.
Trátase ademáis dunha obra de gran complexidade técnica. Para a mesma preparouse un gran caixón prefabricado, dividido en tres módulos de 82 toneladas cada unha, que cando estén instaladas irán encastradas unha dentro doutra formando un bloque monolítico. A colocación deste caixón, que vai funcionar a modo de paso subterráneo, vai ter lugar na noite do martes 30 de xuño para o mércores 1 de xullo. Esta estructura vai ter que ser introducida baixo a vía do tren, razón pola cal hai que realizar esta operación de maneira nocturna, dado que dende as 22:00 horas do día 30 ata as 8:00 horas do día 1 vai estar paralizada a actividade ferroviaria.
Esta obra está integrada dentro do Plan E, e conta cun presuposto de 415.775´73 €uros.




















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



