NOTA DE PRENSA
BARREIRO: “TODOS, NA NOSA VIDA DIARIA, PODEMOS CONTRIBUIR A PRESERVAR O MEDIO AMBIENTE. SÓ TEMOS QUE SENSIBILIZARNOS E ACTUAR EN CONSECUENCIA”
* O Presidente provincial dos populares apelou no Día mundial do Medio Ambiente por facer cantas campañas de divulgación sexan precisas para concienciarnos de que o noso patrimonio natural, tan rico e diverso na provincia de Lugo, é fundamental e irremplazable, e que “debemos apostar pola sostenibilidade coma o mellor camiño para compatibilizar explotación e protección”
Lugo, a 5 de xuño de 2009.- O Partido Popular de Lugo quixo sumarse hoxe á celebración do Día mundial do Medio Ambiente avogando por unha maior sensibilización de todos na conservación e mantemento do noso entorno natural porque, segundo salientou o Presidente provincial José Manuel Barreiro, “cada aportación que fagamos cada un de nós neste obxectivo é moi importante”.
Barreiro indicou que, aínda que nos últimos tempos avanzouse moito na sensibilización e conservación do medio, o desenvolvemento económico e industrial tamén conlevou unha maior contaminación e, polo tanto, unha maior degradación do noso ecosistema. Proba delo é a continua ameaza que para as xeracións actuais e sobre todo para as vindeiras constitúe o cambio climático que, de feito, é xa bastante patente nalgúns ámbitos.
Para o líder dos populares lucenses nesta laboura conxunta de conservación resultan tan importante as políticas que neste ámbito promovan, en función das súas competencias, as distintas administracións e que abarcan dende a aplicación efectiva dun plan de recollida, selección e tratamento de residuos ata unha estricta regulación de emisión de gases ou un racional consumo enerxético no que se priorice o uso das denominadas enerxías renovables, “como a actitude responsable que asumamos cada un de nós na nosa vida ou actividade diaria”.
“Todo o que fagamos, dende o baño diario, ó paseo que demos polo campo, desprazarnos ó noso traballo ou o feito de tirar a basura, ten efectos no noso entorno. Pequenas cousas, como optar pola ducha, polo transporte público, pola reciclaxe… constitúen, en si mesmo, apostar pola conservación do medio ambiente”, explicou Barreiro, quen, neste senso, amosouse convencido da conveniencia de facer todas as campañas de sensibilización e concienciación que sexan posibles na procura dunha maior participación e colaboración para avanzar no obxectivo último de acadar un crecemento e un desenvolvemento sostible. “Todo o que se faga neste eido sempre será pouco”, setenciou.
José Manuel Barreiro tamén se referiu a importante e diversa riqueza natural coa que conta a provincia de Lugo e insistiu na idea de que hai que compatibilizar a expotación dos recursos naturais coa súa protección e conservanción. “A sostenibilidade é o camiño”, engadiu.
MOITO POR FACER.-
José Manuel Barreiro indicou que “a pesares de que se deron pasos importantes, queda moito camiño por andar e, non podemos obviar, aínda que hoxe o importante é celebrar o Día mundial do Medio Ambiente, que estamos en peche de campaña electoral e que no ámbito da Unión Europea establécense directrices determinantes neste eido para os membros da Unión Europea”.
Cobatir o cambio climático é, segundo dixo, “un compromiso inexcusable e así o entende o Partido Popular”. Segundo explicou, tampouco nesta materia o Goberno de Zapatero “fixo ben os deberes”. Así, por exemplo, España que é un dos países da UE que máis pode verse afectado polo efectos do cambio climático e paradójicamente o que máis alonxado está dos seus obxectivos de reducción de emisións de CO2 de todo o espacio comunitario. De feito, segundo o protocolo de Kyoto, o noso país debería limitar en 2012 as súas emisións a un incremento do 15% con respecto dos seus niveis de 1990 pero a realidade é que en 2007 xa as superara nun 57 por cento.
Non hai, ó entender de Barreiro, unha actuación determinante por parte do Goberno do Estado nesta materia e, por riba, incrementouse a incertidume regulatoria para o desenvolvemento das enerxías renovables e aumentouse esaxeradamente a dependencia enerxética (no 2004 supoñía o 80% e hoxe sitúase no 92%) o que supón un atranco para a nosa economía e unha maior vulnerabilidade fronte as oscilacións enerxéticas internacionais.
AS PROPOSTAS.-
Combater o cambio climático para cumprir os obxectivos comunitarios de reducción de emisión de gases, ó tempo que se traballa para lograr acordos que impulsen esar reducción a nivel mundial; fomentar a innovación nas medidas contra o cambio climático, establecendo, por exemplo, reduccións do IVE na compra de productos de alta eficiencia energética; promover a mellora da eficiencia energética en todos os sectores de actividade para producir máis con menos e permitir ós cidadáns controlar o seu consumo de xeito máis responsable; reabrir o debate sobre enerxías non emisoras de CO2 que reduzan a dependencia energética do exterior e loitar por un desenvolvemento energético sostible, unha maior seguridade de suministro e unha economía más competitiva son, de feito, al liñas básica incluidas no programa electoral do Partido Popular nestas eleccións ó Parlamento Europeo.
















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



