RIBADEO (FNC) .- A Casa da Ría acollerá durante o mes de agosto unha serie de cursiños adicados ao coñecemento dos reloxos de sol e á astronomía, segundo ven de anunciar o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro.
O edil nacionalista explicou que “aproveitando a efeméride para conmemorar que hai 400 anos Galileo fixo as primeiras observacións astronómicas cun pequeno anteollo, nós imos celebrar en Ribadeo dúas actividades en colaboración co observatorio Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela. Unha de las será un obradoiro de reloxos de sol poñendo en valor o reloxo horizontal existente na zona do Cargadeiro. Isto terá lugar os días 7 e 8 de agosto a partires das 12.15 horas na Casa da Ría en Santa Cruz”.
O curso comezará o venres día 7 con clases teóricas na Casa da Ría, de 12.15h a 13.15h, nas que se explicará o que son as coordenadas astronómicas, conceptos de latitude, declinación, lonxitude xeográfica, etc. Entre as 14.00h e as 15.00h, no reloxo de sol do Cargadeiro, tentarase construír un gnomon, aprender a latitude do lugar e observar o movemento da sombra do estilete do reloxo. Xa pola tarde de 17.30h a 19.00 na Casa da Ría, a clase estará adicada á historia dos reloxos de sol e entregarase unha plantilla aos participantes para que eles mesmos poidan facer un reloxo de sol horizontal. O sábado, entre as 10.00h e as 11.00h da mañá, haberá clases máis prácticas no reloxo de sol e os asistentes poderán coñecer reloxos de distintos lugares.
Horacio Cupeiro engadiu que “ademais faremos un cursiño de iniciación á astronomía entre os días 24 e 28 de agosto, ambos inclusive, sobre o ceo Ribadeo con observacións no telescopio a partires das 23.00 horas da noite tamén no monte de Santa Cruz. O teléfono do concello para aqueles que queiran apuntarse ou que queiran asistir é o 982 128 650”.



















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



