LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este venres a 100 veciños e autoridades de distintas localidades da Bretaña Francesa, que participaron nunha das rutas do programa Km0, que promove a institución provincial e está destinado a converter o medio ambiente nunha oportunidade económica.
O Concello Sarria mantén desde hai 10 anos un irmanamento coa rexión de Mür de Bretagne. Coincidindo coa súa estancia nesta localidade, Gómez Besteiro non quixo deixar pasar a oportunidade para que a comitiva coñecese a grande riqueza medioambiental da provincia.
O titular provincial deulles a benvida en francés “bons yours celle-ci c´est vôtre maison. Bienvenus” -bos días, esta é a vosa casa. Sexan todos benvidos- e explicoulles que “Lugo é unha grande provincia, “cuxa maior riqueza é o medio ambiente ó contar con máis do 55% Reserva da Biosfera declarado pola UNESCO”.
O titular provincial destacou o traballo do Alcalde e Deputado provincial Claudio Garrido, por seguir mantendo o vínculo coa rexión francesa. “Este é un exemplo deses proxectos que permiten superar a dimesión dun Concello como Sarria”.
Visita á Mariña e recepción oficial
Os franceses e as autoridades presentes participaron nunha das rutas de Km0. Visitaron o Mazo de Santa Comba e o casco histórico de Lugo. Posteriormente, desprazáronse ata a Mariña, onde coñeceron o centro de cultivos mariños de Ribadeo e fixeron unha travesía marítima pola Ría. Tamén visitaron o casco histórico de Mondoñedo.
Entrega de agasallos
Previamente, no seu despacho e como lembranza da visita á Deputación, o Presidente fíxolle entrega ó Alcalde de Mür e Presidente da Comunidade de Comunas de Geridan de Bretagne, Georges Tilly, á Deputada Conselleira Xeral, Monique Le Clerio, e ó Tenente Alcalde, Lebris, de tres reproducións en prata da arpa elaborada no obradoiro de instrumentos musicais do Centro de Artesanía e Deseño, dependente do organismo provincial.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



