BURELA (FNC) .- Dez persoas de Burela participaron no I Certame Nacional de Alfombras Florais que se celebrou esta fin de semana en Castropol. A alfombra elaborada polos veciños Burela entre as 8 da mañá e a 1 do mediodía de onte domingo representaba os dous símbolos do concello: o faro e o torques. Despois houbo unha clausura oficial do Certame coas autoridades de cada concello e máis tarde unha comida para todos os alfombristas (o día antes, o sábado tamén houbo actos de recepción de todos os alfombristas e visitas). Neste I Certame Nacional de Alfombras Florais había representantes de Burela, Foz, Ponteareas, Castropol, La Orotava, Villa de Mazo en La Palma e unha delegación da Asociación de Alfombristas de Cataluña. A representación de Burela estivo acompañada polo concelleiro de Turismo, José González Legazpi e pola tenente de alcalde, Neves Cando.
O faro e o torques de Burela foi o traballo para o Certame Nacional de Alfombras Florais
O faro e o torques de Burela foi o traballo para o Certame Nacional de Alfombras Florais
Relacionado
-
Os socialistas de Xove afirman que as súas xestións permitirán arranxar vías pronviciais no Concello
-
Acisa agradece a subvención de 23.000 euros concedida pola Vicepresidencia da Deputación para os gastos derivados da coorganización do Ribadeo Indiano 2025
-
Gueimunde: “Os veciños de Viveiro decidiron nas eleccións ter unha alcaldesa do PP e foron os representantes de Por Viveiro os que dixeron que non”