BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, mantivo varios encontros en Lugo en demanda de apoios para conseguir variar o trazado da autovía Barreiros-San Cibrao por este municipio. O rexedor contou que “estiven en Lugo facendo xestións, basicamente pensando no corredor que se nos propón desde Fomento e para evitar que teña o actual trazado, tentaremos por todos os medios pasalo o máis ao sur de Burela. Para que eso sexa unha realidade estiven entrevistándome con técnicos da Deputación para que aporten os documentos que poidan neste sentido. Tamén mantiven un encontro co subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, que xa está facendo xestións co gabinete de José Blanco, ministro de Fomento, para que tamén estea ó tanto dos pasos que estamos a dar e para entrevistarnos en canto sexa posible con ese ministerio. Alí explicaremos que o que queremos é desviar o corredor hacia o sur do noso concello, canto máis mellor, para que non entorpeza a expansión de Burela”.
Llano engadiu que “tamén me entrevistei con responsables da empresa OTEA que é a que está a elaborar o plan xeral de Burela para que aporten a súa documentación…aí temos unha boa oportunidade porque eles están en condicións de facer unha boa xustificación das nosas ideas. E falei tamén co presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o seu apoio é seguro, van ter un pleno onde van a traballar este tema e a dar a súa postura”. O rexedor burelés entende que “estas catro entrevistas servirán de moito para que se nos teñan en conta as alegacións finais que presentemos desde Burela. Por certo o prazo estaba previsto nun mes, pero son 30 días hábiles, en principio temos ata o 29 de xullo, pero casi, casi que está garantido outro mes para presentar alegacións, polo tanto teremos agosto con todas as posibilidades. Apuraremos o máximo posible a súa elaboración para levalas a pleno ordinario o 24 ou 25 deste mes, e si fixera falta habería unha sesión extraordinaria”.
Radiacións
Alfredo Llano solicita da Xunta a instalación de medidores de radicións electromagnéticas. O alcalde asegura que “hai unha grande sensibilidade veciñal polo temor ás liñas de alta tensión e das antenas situadas no noso territorio municipal. E para contrastar e comprobar de xeito constante os niveis das radaicións electromagnéticas que poden ser dañinas para a saúde procuraremos instalar eses medidores distribuídos en diferentes zonas para que non se superen os niveis permitidos”. O alcalde considera que “Burela neste momento non ten problemas desta índole, pero sempre é bo ter uns marcadores, uns indicadores que sexan de fiar e evitar no posible calquera exposición masiva a estas radiacións electromagnéticas”.
Bandeiras azuis
O alcalde de Burela presidirá o vindeiro domingo os actos de izado das bandeiras azuis que recibiu o municipio. Comezarán ás 13:00 horas na praza do Concello para izar a bandeira que lle foi outorgada á Aula Medioambiental Gaia, e a continuación será aquenda para as praias de O Portelo, Ril e A Marosa, onde rematará a xornada.
A bandeira azul que lle foi concedida ó barco museo Reina del Carmen será izada “con probabilidade o 16 de xullo, un pouco en homenaxe á xente do mar”, explicou o rexedor.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



