NOTA DE PRENSA
O PP di que “á terceira foi a vencida”, sobre a terceira reunión sobre o novo vial ó seu paso por Burela.
Os populares consideran que as dúas reunións anteriores serviron para cáseque nada.
Aseguran que o alcalde non asistiu á reunión e oculta información.
O PP de Burela afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que “por fin, á terceira foi a vencida, porque realmente onte comenzou o traballo para elaborar as alegacións sobre o trazado do novo vial San Cibrao-Barreiros ó seu paso por Burela, o que significa que perdimos tres semanas en discusións estériles”.
O PP considera que as dúas reunións anteriores non serviron para nada, dado que onte estaban sobre a mesa, ademais do documento de inicio presentado polo propio PP, o estudio previo de O Vencello e un informe feito polo técnico municipal e pola empresa que elabora o PXOM. O acordo ó que se chegou contempla que o documento definitivo recollerá toda as aportacións que se faigan, porque no fondo da cuestión hai amplo consenso, e tamén nas liñas de argumentación. Cómpre destacar que a introducción de un quinto criterio de avaliación dos trazados do novo vial polo PP, o denominado “criterio de impacto socioeconómico”, foi asumido por todos os presentes.
Con todo, o PP considera que este traballo puido estar feito, porque non é lóxico que o concello non sexa capaz de presentar un documento hasta a terceira reunión, cuestión que deixa bastante mal parada a capacidade de traballo do alcalde, que segue presumindo que o prazo vai aumentar, pero que convocará o pleno para os días 27 ou 28 do presente mes para tratar das alegacións.
Ademais, o PP considera que quen está traballando, colaborando e actuando con lealdade son todos, incluido o PP, menos o bigoberno municipal, porque non se nos informou sobre as xestións que se estaban a facer, só se nos dixo que se estaban facendo.
Finalmente, indicar que nos sorprendeu que o alcalde non asistise a esta reunión, que todos sabíamos que era transcendental. Sabiamos que tiña un compromiso familiar ineludible, porque o comunicou telefonicamente ó longo da mañán de onte, e estamos de acordo en que o atenda, algo que entra dentro do plano personal e humano e que en todo caso pode ser prioritario e polo tanto respectamos; pero tamén puido adiantar ou retrasar a reunión unhas horas, porque el é o alcalde de todos os cidadáns deste concello, e debería liderar o proceso de alegacións, sabendo que a reunión de onte era fundamental; cuestións que nos dá a impresión que ainda non interiorizou. Igual que chamou para decir que non ía estar presente na reunión, puido chamar para decir que se adiantaba ou retrasaba unhas horas a reunión. Todo o mundo o entendería e el salvaría a súa honra como alcalde.
O PP estaba representado por González Barcia, Luis Pedre e Pablo Pernas. O PSOE, por Pascual Domenech, e o BNG por Nives Cando e Glez. Legaspi.
O PP considera que o vindeiro xoves debe celebrarse a derradeira reunión para a elaboración das alegacións, confiando que se recollan todas, previo envio do documento borrador para poder estudialo, e que o pleno para aprobar as alegacións non debe demorarse do día vintesete do presente mes. Cando o mesmo alcalde falar de realizar o pleno na derradeira semana, as pregunta son claras, a que veu tanto falar sobre a prórroga do prazo? Que ata ó alcalde para falar de fume e perder o tempo para a redactar as alegacións? As respostas tenas que dar el.
O PP tiña prevista unha reunión, hoxe, mércores, ás oito da tarde, con empresariosnos locais da CEL de Burela para explicar o documento de Fomento sobre o novo vial e a postura do PP ó respecto.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



